C arballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís (capaces de protagonizar películas premiadas internacionalmente como “Costa da Morte”, de Lois Patiño) e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf. Aquí celébrase desde o ano pasado o Carballo Interplay, un festival de contidos dixitais no que as webseries son as protagonistas. De feito foi un evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor máis transgresor, a non ficción, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base. Este ano volven Malviviendo, estreando a súa nova serie “Entertainment”, e teremos como invitados especiais a Venga Monjas. Uns e outros enfrontaranse no Interfight: I Encontro labazadas audiovisuais de Carballo, que promete ser lembrado por moitos anos, arbitrado polos protagonistas de “El viudo quiere mimos”, a comedia negra en forma de webserie dirixida por Javi Camino. Virán tamén os Burnin’ Percebes para presentar a súa película “Searching for Meritxell”. Haberá unha sesión golfa poético-arterrorista-musical con Poetarras e un concerto inclasificable a cargo do trío vigués IgMig coa súa mestura de dadaísmo, postpunk, improvisación, humor e interacción co público. E presentaremos os resultados do Proxecto Neme, unha iniciativa que o Interplay puxo en marcha en colaboración cun instituto de Carballo para recuperar a memoria audiovisual da comarca de Bergantiños, e no que poremos aos rapaces a gravar e a dixitalizar vellas cintas VHS, películas en super 8 ou mesmo fotografías, para contextualizalas e revalorizalas usando Youtube e as redes sociais. Será un momento fermoso no que toda a vila acudirá a ver o que levamos feito neste obradoiro, que simboliza un dos obxetivos do Carballo Interplay: conectar o local coas novas linguaxes e formas de entender a cultura audiovisual, desprazar as tendencias do centro á periferia poñendo a dialogar un sitio tan ao noroeste do noroeste como Carballo co máis interesante que se move a nivel estatal e internacional. PREMIOS Os premios outorgados serán os seguintes: MELLOR WEBSERIE IMAXE REAL 800 euros e trofeo MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN 800 euros e trofeo MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL 800 euros e trofeo MELLOR WEBSERIE VO GALEGO 800 euros e trofeo PREMIO DO PÚBLICO 400 euros e trofeo PREMIO AGAG MELLOR GUIÓN 200 euros e trofeo MELLOR ACTRIZ trofeo MELLOR ACTORtrofeo As dotacións en metálico dos premios están patrocinadas pola Fundación Luis Calvo, salvo a do premio ao mellor guión, patrocinada pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG). Os trofeos serán obras orixinais do artista plástico David Méndez Alonso creadas exclusivamente para o festival. XURADO Paula Hernández. Periodista e investigadora en ficción para internet. Aínda que estudou Comunicación Audiovisual, traballa de xornalista, que é a súa paixón, e investiga webseries. Empezou a súa carreira investigadora no Observatorio Internacional de Televisión dirixido por Lorenzo Vilches, cunha tesiña sobre ficción para internet que se centraba nas webseries e abriu un blog que foi pioneiro no tema, Enawebseriada.com. Xavi Daura e Esteban Navarro a.k.a Venga Monjas. Venga Monjas é o dúo cómico formado por Xavi Daura e Esteban Navarro, dous tipos riquiños de Barcelona. Famosos polo seu traballo online, tamén teñen traballado en publicidade, televisión e marcas. Amantes da boa vida e do noble, o seu obxectivo é facer rir dunha forma honesta e sen trucos. Podedes atopalos en Youtube e no seu blog. Daniel Vilaverde. Guionista, realizador, actor. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo. É director e guionista de curtametraxes como “A culpa é dos pais” ou “Bilingüismo cordial” e participou como actor en curtametraxes (“O morgado tivo un prezo”, “As pequenas batallas”, “Perfil falso”), webseries (“El viudo quiere mimos”) e series de televisión (“Casa Manola”). Sara Gómez Iglesias. Guionista, deseñadora de proxectos audiovisuais e fotógrafa. Membro de AGAG. Empezou a súa carreira profesional traballando en Madrid como auxiliar de cámara en películas como “Promedio Rojo”, “Vete de Mi” ou “Isi Disi: alto voltaje”. Unha bolsa da Fundación Caixa Galicia á súa primeira obra literaria, canda unha subvención da AGADIC a desenvolvemento, fixeron que regresase á Coruña coa intención de se converter en guionista. ACTIVIDADES xoves 16 11:30h. Fórum de Carballo. Apertura do festival. 12:00h. Fórum de Carballo. Salón de actos. Proxección. Mostra de traballos do FORMACIP. 22:00h. Pazo da Cultura. Auditorio. Estrea ENTERTAINMENT. Proxección, con David Sáinz e Teresa Segura (Malviviendo). Falso documental sobre a vida dos componentes da produtora Diffferent Entertainment despois do éxito de “Malviviendo”. No capítulo 1×06 , David, Javi e Tere recibirán a uns executivos dispostos a escoitar as ideas dos seus novos proxectos nunha reunión pero, á súa vez, reciben a visita inesperada dun vello amigo. 22:30h. Pazo da Cultura. Auditorio. Estrea SEARCHING FOR MERITXELL. Proxección (50’) e presentación con Burnin’ Percebes e Venga Monjas. Comedia. España. 2014. Dir: Burnin’ Percebes. Con Juan González, Paula Ribó, David Pareja, Xavi Daura, Txema García, Miguel Noguera, Esteban Navarro. venres 17 10:30h. Fórum (salón de actos). Webseries e Conducttr. Claves e trucos para conectar coa audiencia. Master Class con Belén Santa-Olalla. Patrocinada polo MPXA. Presentada por María Xosé Arrojo. 12:00h. Fórum (salón de actos). Youtubers, profesionalización e produción de contidos no tubo tolo. Charla con Joan Carles Martorell (2btube). 13:00h. Fórum (entrada). Vermú con CREA.Coloquio aberto con creadores. 20:30h. Pazo da Cultura (Auditorio). Interfight! I Encontro de labazadas audiovisuais: “Malviviendo vs. Venga Monjas” Venga Monjas e Malviviendo cara a cara nunha noite que terá algo de combate épico e algo de concurso televisivo dos 90. A través dunha serie de probas, os nosos contrincantes bateranse en duelo para diseccionar os seus vídeos favoritos de internet, porán a proba os seus coñecementos sobre Youtube e tentarán devolverlle os golpes ao adversario. Un evento no que o público, como xurado, decidirá quen sae airoso e quen bica a lona. 23:00h. SALA DUBLÍN. POETARRAS (Entrada de balde). sábado 18 10:30h. Fórum (salón de actos). Proxecto Neme: a memoria audiovisual de Carballo. Presentación con Beli Martínez e os participantes no obradoiro. 12:00h. Fórum (salón de actos). Código Fonte Audiovisual: “Mulleres, homes e o audiovisual que os pariu” Conferencia + proxección con Belén Regueira. 13:00h. Fórum (entrada). “Como facer rir en internet?” Coloquio aberto, conducido por Paula Hernández, con Venga Monjas, Malviviendo e Burnin Percebes. 20:30h. Pazo da Cultura. Auditorio.Entrega de premios do II Carballo Interplay, conducida polos Irmáns Lumieira e o seu fantabuloso cine ambulante. 23:00h. SALA DUBLÍN. IGMIG e REPÚBLICA DISCO APOCALYPSO (RDA). (Entrada de balde). SECCIÓN OFICIAL xoves 16 16:00h NACIONAL 1 17:30h GALICIA V.O. A TEMPO BARCELONA Dirección e guión: Leon Guallart Díaz Webserie protagonizada por mozos de Barcelona aos que lles fan enfrontarse a un reto... NEMETH Dirección e guión: Lidia Cambón e Jose Luis Varela. Uxía investiga todo o relacionado coas meigas do Monteneme, para presentalo no traballo de fin de carreira. MÍRAME CUANDO TE HABLO Dirección: Veru Rodríguez Guión: Maruxa Blanco Catro compañeiros xordos conviven nun piso. PIB Dirección: Mighele de Currás.Guión: Mighele de Currás, Héctor Casas e Alfonso Míguez. Isto vai do que lle acontece a dous amigos no circo. SIN VIDA PROPIA Dirección: Ana Ramón Rubio Guión: Ximo Cardona, Ana Ramón Rubio. Comedia existencial sobre un grupo de postadolescentes. INTERFECTO Dirección: Biby Jacob.Guión: Nerea Sarmiento, Pablo Dapena e Jose Luis López. Unha serie de asasinatos están a ocorrer en Celanova... CLASES DE LO SOCIAL Dirección: Pablo Chacheda Paz. Guión: Pablo Cacheda Paz e Diana López Varela. Unha clase onde se imparten materias ficticias. FAME Dirección e guión: Anxos Fazáns. Fame está protagonizada por dúas rapazas cun modo de vida diferente, capaces de crear o seu propio universo. REZAGADO Y FELDESPATO Dirección, guión e animación: Javier Baldó. Día tras día, dous estraños individuos encóntranse nun patio moi especial, aos arredores da cidade. OS GALOSODIOS Dirección e guión: Marcos Rodríguez. Os Galosodios é unha Webserie de humor que está protagonizada polo Galo do Arde Lvcvs. xoves 16 venres 17 19:00h INTERNACIONAL 1 16:00h NACIONAL 2 CUALCA! (Arxentina) Dirección: Fede&Nano.Guión: Malena Pichot, Charo López, Julian Doregger, Julián Kartún e Julián Lucero. Serie de Humor que pon o seu ollo nunha realidade real. POLÉMICOS Dirección:: Jesús Vázquez Guión: Jesús Vázquez e Javier Escot. Un grupo de personaxes moi retorcidos... DARREN HAS A BREAKDOWN (Inglaterra) Dirección e guión: Menelik Simpson. Nas sesións de terapia impostas nun xuízo, Darren recapitula todos os problemas nos que está metido. IMBERBE Dirección e guión: Marta Hernandez, Pol Más de Xaxás, Anna Martí e Adrià Sánchez. Tomás múdase a Barcelona para comezar a carreira. A MILANO UNDERGROUND (Italia) Dirección: Giovanni Esposito.Guión: Paolo Bernardelli. Catro liñas, catro directores, catro contos enlazados... FANTASMAGÓRICA Dirección e guión: Juan Flahn. Marga é unha psicóloga que traballa na casa recibindo a xente á que proporciona terapia. CÚMULO Y NIMBO (Arxentina) Dirección: Ariel Martínez Herrera. Guión: Grandesexitos.tv Cúmulo e Nimbo tocan temas filosóficos. BARRA LIBRE Dirección: Carlos Martín Pazo e Manuel Noguera. Guión: Carlos Martín Pazo, Manuel Noguera e Pilar Durán. JE VOUS AI COMPRIS (Francia) Dirección e guión: Frank Chiche. Cando o golpe dos seus xenerais ameaza o goberno de De Gaulle, Jacquot, decátase de que a guerra non é un xogo. DE PONTIS Dirección e guión: Juan Rodrigo e Pedro Rodrigo. Ano 39 d.C Nun remoto lugar do Imperio Romano unha pequena gornición vixía a ponte “De Pontis”. OPOSTO DO SEXO (Brasil) Dirección e guión: Leandro Corrêa. Sempre quere ter relacións sexuais coa mesma muller. Un marido tenta convencer a súa muller de que manteña relacións sexuais con el. venres 17 17:30h INTERNACIONAL 2 19:00h NACIONAL 3 FOR THE LAST ROUND (México) Dirección: Antonio Guajardo. Ser campión mundial é o sono ao que aspira todo boxeador. O camiño ao cume é difícil... GIFTED CORPORATION Dirección e guión: Rose of Dolls e Oliver Mend. Sean e Silva guíannos a través da historia, tratando de encontrar o misterioso asasino da moeda.marabil- ESTILO ESTHER (Arxentina) Dirección: Pedro Levati Guión: Pedro Levati, Alicia Brugo Bee, Magalí Díaz, María Laura González. EL MÉTODO SUECÖ Dirección e guión: Jorge Boquete e Óscar Cruz. Quique e Óscar son os irmáns máis riquiños de Internet e están aquí para demostralo. A. LUSITANICUS (Portugal) Dirección: Duarte Neves Guion: Elisa Generoso, Mariana Afreixo e Duarte Neves. Na Iberia profunda hai unha tribo que non se goberna... AULA DE CASTIGO Dirección: Giovanni Maccelli, Carlota Coronado, Carlos Ruano, Jaime Vaca, Mikel Alvariño Guión: Carlos Ruano, Jaime Vaca, Mikel Alvariño y Susana López. CORTOS DE GIGANTES (Arxentina) Dirección: Sol Rietti.Guión: Fernando Milsztajn. A vida dos teus directores preferidos coma nunca antes os viras... MUÑECAS Dirección: Carlota Sayos.Guión: Carlota sayos e Inma Olmos. 5 mulleres e 1 home comparten as súas vidas en terapia. AUTHENTIK (Francia) Dirección e guión: Anthony Lemaitre. Ben, un mozo despreocupado e inseguro que vive nos suburbios, comparte todos os seus problemas. FRACASADOS POR EL MUNDO Dirección e guión: Gonzalo Gurrea Ysasi. Jose Manuel Espencer é un mozo de trinta anos que decide poñer rumbo á súa vida. ELÉCTRICA (Arxentina) Dirección. Esteban Menis.Guión: Esteban Menis e Sebastián Rotstein. Unha produtora de televisión cun proxecto pretencioso... sabado 18 16:00h INTERNACIONAL 3 17:30h NACIONAL 4 NERD OF THE DEAD (Brasil) Dirección: Chris Tex Guión: Chris Tex and Rafael Baliú Dous nerds que esperaron toda a vida pola Apocalipse Zombi. PINKOO Dirección e animación: Luis Usón. Pinkoo é un adorable osiño rosa que vive nun estraño mundo branco, baleiro e violento. DEJA VU (Colombia) Dirección e guión: Juan Francismo Pérez Villalba. Conta a historia de Sebastián, un mozo que pode ver traxedias antes de que acontezan. VINCENT FINCH Dirección e guión: David Suárez. Vincent Finch é un docu-realidade sobre a vida dun egocéntrico director de cine, Vincent Finch. FUTURE DUCK (Inglaterra) Dirección e guión: Henry Dalton e Paul Cope. Programa sobre un parrulo que chega do futuro e agora vive cunha balea semi-evolucionada e un T-Rex... LA CAÍDA DE APOLO Dirección e guión: Marc Puig e Oriol Puig. A caída do meteorito Apolo asegura que o fin do mundo chegou e nunha poboación costeira se están a organizar. JUDAS GOAT (Inglaterra) Dirección e guión: Pavel Shepan. Mike non é un asasino en serie. A súa vida foi destruída ao ser escravizado por un horror sedento de sangue. COMALAND Dirección e guión: David Sainz e Jose Antonio Pérez. Dous marxinados sociais, fartos da súa vida, quedan por un foro de internet para suicidarse xuntos nun motel.estrada. AJ ZOMBIES (Perú) Dirección: Daniel Martin Rodríguez Guión: Daniel Martin Rodriguez, Gonzalo Rodríguez Risco e Fito Torres. NICO&SUNSET Dirección e guión: Oriol Vila e Raquel Salvado. NICO&SUNSET é unha historia de amor. NICO&SUNSET é unha parella artística que loita polos seus sonos. TIEMPO LIBRE (Arxentina) Dirección: Martin Piroyansky. Guión: Ignacio Sánchez Mestre, Rodrigo Moraes e Martín Piroyansky. PROGRAMA XOVES 16 VENRES 17 SÁBADO 18 MASTER CLASS Webseries e Conducttr con Belén Santa-Olalla Presentación Proxecto NEME con Beli Martínez CHARLA Youtubers, producción de contidos no tubo tolo con Joan Carles Martorell Código Fonte Audiovisual con Belén Regueira Vermú con CREA Coloquio con creadores/ as de webseries galegos Coloquio "Humor en Internet" moderado por Paula Hernández 10:00 10:30 11:00 11:30 APERTURA FESTIVAL 12:00 Presentación de traballos FORMACIP 12:30 13:00 Forum de Carballo Praza dos Bombeiros s/n Pazo da Cultura Rúa do Pan, s/n Sala Dublín Rúa do Fomento, 25 16:00 XOVES 16 VENRES 17 SÁBADO 18 NACIONAL 1 NACIONAL 2 INTERNACIONAL 3 GALICIA V.O. INTERNACIONAL 2 NACIONAL 4 INTERNACIONAL 1 NACIONAL 3 16:30 17:00 17:30 18:00 18:30 19:00 19:30 20:00 20:30 21:00 INTERFIGHT con Venga Monjas e Malviviendo GALA ENTREGA DE PREMIOS VELADA POETARRAS CONCERTO IGMIG e SESIÓN DJ RDA 21:30 22:00 22:30 23:00 23:30 Estrea ENTERTAINMENT e SEARCHING FOR MERITXELL MAPA EQUIPO CIP Sonia Méndez Dirección Ana Dixital Produción María Yáñez Coordinación de actividades e comunicación online Sandra Lesta Dirección Gala e programación Isabel Vila Deseño gráfico, web e motion graphics David Méndez Alonso Ilustración e deseño de premios Belém Brandido Prensa Tamara de la Fuente Comunicación online Miriam Rodíguez Auxilar de produción e tradución Juancho Gianzo Auxiliar de produción e runner David Tombilla Fotografía Manuel Silva Cobertura de Video Sonpress Cobertura técnica Selección webseries: Xacio Baño, Judas Diz, Sandra Lesta e Sonia Méndez Queremos agradecer aos traballadores e traballadoras do Concello de Carballo, a Xose Regueira, Maite Parga, Nel Vidal, Patricia García, Manuel Anxo Pardiñas, e a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron que esta II Edición do Carballo Interplay fose posible. carballointerplay.com Organiza Patrocina
© Copyright 2024 ExpyDoc