eleccións locais 2015 excma. deputación provincial de lugo

MARTES, 19 DE MAYO DE 2015
Nº 112
ELECCIÓNS LOCAIS 2015
XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE LUGO
Anuncio
D. JUSTINO GONZALO CORCHERO MARTÍN , SECRETARIO DE LA JUNTA ELECTORAL DE ZONA DE LUGO,
HAGO SABER: Que habiendo sido convocadas Elecciones Municipales, que se celebrarán el próximo día 24 de
mayo de 2015 y en cumplimiento de la Legislación electoral vigente, ha quedado constituida de forma definitiva
la Junta Electoral de Zona de Lugo de la siguiente manera:
PRESIDENTE Don ALBERTO BENÉITEZ ANTÓN , Sr. Magistrado del Juzgado de Primera Instancia nº 1 de
Lugo.
VOCAL Dª MARIA DEL PILAR DE LARA CIFUENTES, Sra. Magistrado del Juzgado de Instrucción nº 1 de
Lugo.
VOCAL Dª SANDRA MARÍA PIÑEIRO VILAS , Sra. Magistrado del Juzgado de Instrucción nº 2 de los de
Lugo.
VOCAL NO JUDICIAL Don PEDRO DÍAZ PARGA, abogado.
VOCAL NO JUDICIAL Don LUIS ALBERTO LAMAS NOVO, abogado.
SECRETARIO D. JUSTINO GONZALO CORCHERO MARTIN , Secretario Judicial del Juzgado de Primera
Instancia nº 3 de Lugo y del Juzgado Decano de Lugo.
Lo que se hace público para general conocimiento el día 12 de mayo de 2015.
EL SECRETARIO DE LA JUNTA DE ZONA, Justino Gonzalo Corchero Martín
R. 2042
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio
ANUNCIO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 08/05/2015 SOBRE CONVOCATORIA PARA A
PROVISIÓN DE DIVERSAS PRAZAS, COMO FUNCIONARIOS INTERINOS E AS BASES ESPECÍFICAS
CORRESPONDENTES A CADA UNHA DAS PRAZAS CONVOCADAS.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo na súa sesión celebrada o oito de maio de 2015
acordou aprobar a seguinte convocatoria, así como as bases específicas das prazas que se convocan:
A) CONVOCATORIA:
De conformidade coas propostas asinadas polo Deputado Delegado de Cooperación e Asistencia aos
Concellos, D. Álvaro Santos Ramos, de data cinco de maio de 2015, considerase que:
1.- Motivacións ao obxecto de cubrir unha praza de Técnico Superior de Edificación e Obras e outra de
Administrativo.
A Unidade de Proxectos a que se adscribiron distintos técnicos/as e un administrativo/a veu desenvolvendo
actividades ligadas aos distintos Plans de Obra Pública até que por acordo plenario do 25/11/2014 se produciu
a creación das correspondentes prazas no Cadro de Persoal, atendendo ao carácter estrutural da mesma ao
responder a actividades que debían e deben considerarse como ordinarias.
No citado acordo plenario remarcábase o actual marco normativo local derivado da entrada en vigor da Lei
27/2013 do 27 de decembro, que reforza como misión institucional básica da Provincia e, polo tanto, dos seus
2
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
órganos de goberno, a cooperación e asistencia aos concellos tanto na orde xurídica, como económico
financeira e técnica.
Dentro deste ámbito cobra especial importancia a incorporación á carta de servizos de cooperación e
asistencia aos concellos a asistencia en materia de redacción de proxectos, elaboración de estudos técnicos,
dirección de obras, coordinación en materia de seguridade e saúde laboral, etc. Velaí a razón da adscrición desta
Unidade á Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos.
A piques de rematar as actividades propias do Plan extraordinario de Obra Pública, procede que de forma
inmediata a Unidade de Proxectos emprenda as actividades propias da mesma nos termos do acordo plenario de
creación das prazas.
A inmediatez vén demandada pola necesidade e urxencia de atender as tarefas propias da asistencia técnica
aos concellos da Provincia.
A necesidade que se invoca deriva das solicitudes de asistencia técnica que de forma cotiá presentan os
concellos da provincia , que na súa inmensa maioría non dispoñen de técnicos nos respectivos cadros de persoal
nin están en disposición financeira de poder dotarse deles, debendo cubrir este baleiro a Deputación Provincial.
A urxencia trae causa das propias necesidades a atender, vinculadas a prestación de servizos municipais de
carácter esencial na media en que se trata de prestar servizos municipais de natureza obrigatoria.
2.- Motivacións ao obxecto de cubrir unha praza de “Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola”.
A Unidade de Plans Especiais está a desenvolver unha serie de programas de actuación que baixo o título
competencial de fomento do desenvolvemento económico e social da provincia implementa nove liñas ao
programas de actuación que cobren os sectores considerados estratéxicos para o desenvolvemento do noso
medio rural.
As nove liñas de actuación son:
Liña 1: Recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros.
Liña 2: Apoio ao sector hortícola.
Liña 3: Apoio ao sector vitivinícola.
Liña 4: Apoio ao sector pesqueiro.
Liña 5: Programa de mellora da mobilidade rural e posta en valor dos núcleos rurais da Provincia.
Liña 6: Programa de restauración, reforma, conservación e mellora de centros socioculturais e o seu contorno
inmediato”.
Liña 7: Programa de equipamento de centros socioculturais.
Liña 8: Axudas para a dotación de novas infraestruturas para o subministro de auga no medio rural (obra
nova).
Liña 9: Axudas para a mellora e acondicionamento de redes de abastecemento de auga (instalacións xa
existentes).
Loxicamente as actividades programadas esixen a dotación de persoal técnico que permita a avaliación dos
proxectos presentados, o seu seguimento e certificación.
A Unidade soamente conta cun Enxeñeiro Técnico Agrícola que funcionalmente se comparte do Servizo de
Expropiacións.
O volume de expedientes a valorar, supervisar e certificar, no que fai referencia a proxectos de 2015 case
900 aos que hai que engadir as certificación das contas xustificativas e vistas de control das axudas concedidas
en 2014, obriga a reforzar a Unidade con outro técnico con plena dispoñibilidade.
Para facer fronte a situación descrita é necesario que, de forma inmediata, a Unidade de Plans Especiais conte
con outro Enxeñeiro Técnico Agrícola con plena dedicación á mesma.
A inmediatez vén demandada pola necesidade e urxencia de atender as tarefas anteriormente descritas é que
non poden aprazarse sen unha perturbación grave do servizo público.
A necesidade que se invoca deriva da esixencia inaprazable de certificar e facer o seguimento das axudas
concedidas con cargo aos programas de 2014 así como a avaliación e valoración dos proxectos presentados na
convocatoria de 2015.
A urxencia trae causa da necesidade de atender en prazo as tarefas descritas.
3.- Normativa de aplicación ao obxecto da convocatoria.
Visto o disposto pola normativa de aplicación:
3
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
- Artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) polo que se
establece que “son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e
urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea
algunha das seguintes circunstancias: a) A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura
por funcionarios de carreira (…)”.
- Artigo 21.Dous da Lei 36/2014, de 26 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015 que
establece que “Durante o ano 2015 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de
persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades
urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren
prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais”.
- Artigo 55.1 do EBEP que sinala que “todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de
acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente
Estatuto e no resto do ordenamento xurídico”.
- Artigo 55.2 do EBEP que preceptúa que “as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire
o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos
que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a)
b)
c)
d)
e)
f)
Publicade das convocatorias e das súas bases.
Transparencia.
Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.”.
- Artigo 61.1 do EBEP que dispón que “os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre
concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva
previstas neste Estatuto”.
- Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso
do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción
profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos
funcionarios interinos.
4.- Listaxes de aspirantes que participaron en procesos selectivos para a cobertura de prazas de
funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo.
Nestes momentos non existen aspirantes nas correspondentes listaxes ao obxecto de poder cubrir
provisionalmente as sinaladas prazas.
5.- Efectivos a incorporar para cubrir interinamente as devanditas prazas vacantes do cadro de persoal,
por criterios de necesidade prioritaria e urxente.
Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar os correspondentes procesos selectivos para prestar
servizos como funcionarios interinos, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para
realizar as funcións correspondentes as indicadas prazas.
6.- ACORDO. Con fundamento no exposto con anterioridade; considerando que os motivos de necesidade e
urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata dun servizo que
realiza funcións de carácter prioritario; considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en
particular os referidos ao artigo 21.dous da lei 36/2014 de 26 de decembro xa mencionada, en uso das
atribucións que lle confire á Xunta de Goberno a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 59.5 do
Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 56, de 10 de marzo de 2011), a Xunta de
Goberno adopta o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán os procedementos selectivos, mediante o sistema de
concurso - oposición libre para a cobertura provisional, con funcionarios interinos, dunha praza de
Administrativo (reservada a discapacitados/as), outra de Técnico Superior de Edificación e Obras e outra de
Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola; todo iso, mentres non se cubran definitivamente ou deixe de ser necesario,
urxente e prioritaria a súa cobertura transitoria ou se decida a súa amortización.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas por acordo
da Xunta de Goberno na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2015 (publicadas no BOP nº 021 de data
27/01/2015).
SEGUNDO.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto de cubrir:
Escala de Administración Xeral:
- 1 praza, nº 386, denominada “Administrativo” (reservada a discapacitados/as), Grupo C, subgrupo C1,
vinculada ao posto de traballo nº 1.275.
4
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Escala de Administración Especial:
- 1 praza, nº 853, denominada “Técnico Superior de Edificación e Obras”, Grupo A, subgrupo A1, vinculada ao
posto de traballo nº 1.337.
- 1 para, nº 11, denominada “Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola”, Grupo A, subgrupo A2, vinculada ao posto de
traballo nº 1.324.
TERCEIRO.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos
selectivos.
O presente Acordo publícase para cumprimento do establecido no punto 1 das Bases que rexen a presente
convocatoria.
Contra o presente Acordo, que pon fin á vía administrativa cabe interpoñer potestativamente recurso de
reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte
da publicación deste Anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou recurso contencioso-administrativo ante o
Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación
reguladora de dita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se estime
procedente.
Lugo, 8 de maio de 2015.- O SECRETARIO XERAL, José Antonio Mourelle Cillero.
BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZAS DENOMINADAS DE TÉCNICO
SUPERIOR DE EDIFICACIÓNS E OBRAS.
1.- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1
2.- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no
sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”).
3.- NÚMERO PRAZA CONVOCADA: 853.
GRUPO A, SUBGRUPO A1.
CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores.
4.- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1337.
4.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO: TÉCNICO SUPERIOR EN EDIFICACIÓNS E OBRAS.
4.2. ADSCRICIÓN: Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Servizo de Cooperación e Proxectos, ,
sen prexuízo de que por necesidades motivadas polo servizo poidan prestalos en unidades diferentes da
Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo
da Deputación (BOP 30/9/2006).
4.3. FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
-
Redacción de proxectos ou emisión de informes dos proxectos presentados polos Concellos para a
aprobación do expediente de contratación.
Elaboracións ou informes sobre os pregos de prescricións técnicas.
Valoración das ofertas presentadas para realizar a proposta de adxudicación á Mesa de Contratación.
Dirección das Obras.
Informe sobre as modificacións contractuais e obras complementarias que, se é o caso, poidan
producirse.
Liquidación de obras.
Comprobación da execución das obras no prazo de garantía, así como calquera outra relacionada coa
súa titulación.
Seguimento dos expedientes derivados das licitacións.
Calquera outra que se encomende relaciona coa súa titulación.
5.- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA:
Graduado en Edificación, Graduado en Arquitectura Técnica, Graduado en Arquitectura ou titulación
académica equivalente.
6.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4
7.- PROGRAMA.
A) MATERIAS COMÚNS.
1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos
cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración
Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española.
5
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades
Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia.
3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización,
desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos
servizos. A administración electrónica.
4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o
Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local.
5.- O procedemento administrativo común. Os interesados. Fases do procedemento administrativo común:
Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. O expediente administrativo e os principais
documentos administrativos nel contidos.
6.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da
Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e
organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de
xestión administrativa.
7.- A responsabilidade da Administración. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das
Administración Públicas. Especial referencia aos procedementos en materia de responsabilidade.
8.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira
administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. O sistema
retributivo.
9.- Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e
de conduta. Código disciplinario.
B) MATERIAS ESPECÍFICAS.
10.- Réxime xurídico e clases de contratos administrativos. Contratos suxeitos a regulación harmonizada.
Contratos administrativos e contratos privados.
11.- As partes do contrato: órgano de contratación.
clasificación.
O contratista: Capacidade, solvencia, prohibicións e
12.- Obxecto, prezo e contía do contrato.
13.- Preparación dos contratos: expediente de contratación e pregos de cláusulas administrativas e de
prescricións técnicas.
14.- Selección do contratista, normas xerais.
15.- Garantías, perfeccionamento e formalización do contrato.
16.- Execución, modificación e extinción dos contratos.
17.- O contrato de obras: execución e modificación.
18.- O contrato de obras: cumprimento e resolución.
19.- O réxime do gasto público. As fases de execución do orzamento. Tramitación anticipada de gastos.
Gastos plurianuais. Gastos con financiamento afectado.
20.- Plan de pago de factura. Efectos de mora. O recoñecemento extraxudicial de créditos. A doutrina do
enriquecemento inxusto.
21.- As certificacións de obra. Tramitación. Data de efectos e cesión a terceiros. Réxime de pagos.
22.- Proxectos de obras nas Administracións Públicas. Tipos de obras. Documentos necesarios. Estudio e
estudio básico de seguridade e saúde. Supervisión de proxectos.
23.- Dirección de obras nas Administracións Públicas. Comprobación do replanteo. Modificacións durante a
execución das obras. Comprobacións e medicións. Recepción e garantía.
24.- Plans Provinciais de obras e servizos. Rede de estradas da Deputación Provincial. Características e
situación actual.
25.- Avaliación económica de proxectos. Viabilidade. Principais indicadores de rendabilidade económica.
26.- Avaliación ambiental estratéxica. Obxecto e finalidade. Ámbito de aplicación. Procedemento.
27.- Avaliación do impacto ambiental en proxectos.
28.- Sistema de información xeográfica. Principais características. Ciclo dun SIG. Datos xeográficos.
Infraestruturas de Datos Espaciais.
29.- Tecnoloxías e procedementos de medición: topografía, teledetección e fotogrametría.
6
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
30.- A ordenación urbanística en Galicia. Marco legal e clasificación do solo.
31.- Figuras e instrumentos de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico.
32.- Desenvolvemento sostible. Economía ambiental e ecolóxica. Concepto de pegada ecolóxica.
33.- Abastecemento e saneamento en pequenas poboación. Criterios de deseño.
34.- Depuración de augas potables de consumo público. Depuración de augas residuais.
35.- Estradas. Clases de estradas e tipos de proxectos. Datos básicos para o estudo do trazado.
36.- Seccións de firme en infraestruturas viarias. Factores de dimensionamento. Rehabilitación estrutural e
superficial.
37.- Axentes da edificación. Promotor. Proxectista. Construtor. Director de Obra e Director de execución de
obra.
38.- Coordinación de seguridade e saúde. Estudio e estudio básico. Plan de seguridade. Libro de incidencias.
39.- Valor e prezo. Valoración e taxación. Principios e métodos de valoración.
40.- Método de comparación. Principios e aplicación.
41.- Método de custe de reposición.
42.- Método de actualización de rendas. Aplicación.
43.- O método residual na valoración de inmobles.
44.- Valoración catastral de inmobles.
45.- Valoración expropiatoria.
Pazo Provincial, 8 de maio de 2015.
O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero.
BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL ÁS PRAZAS DE ENXEÑEIRO TÉCNICO
AGRÍCOLA.
1.- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1
2.-RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no
sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”).
3.- NÚMERO PRAZA CONVOCADA: 11.
GRUPO A, SUBGRUPO A2.
CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios.
4.- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1324.
4.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO: ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA.
4.2.- ADSCRICIÓN: Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Servizo de Cooperación e Proxectos, sen
prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade
conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da
Deputación (BOP 30/9/2006).
4.3.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
- Redacción de proxectos técnicos da súa competencia profesional.
- Inspección e informes ambientais da súa competencia profesional.
- Avaliación de proxectos acollidos aos programas de actuación da Área de adscrición.
- Seguimento e certificación de proxectos acollidos ás liñas de axudas de custes promovidas pola área de
adscrición.
- Calquera outra tarefa propia da súa competencia profesional
5.- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA:
Enxeñeiro Técnico Agrícola ou equivalente.
6.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4
7.- PROGRAMA.
A) MATERIAS COMÚNS.
7
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos
cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración
Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española.
2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades
Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia.
3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización,
desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos
servizos. A administración electrónica.
4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o
Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local.
5.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da
Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e
organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de
xestión administrativa.
6.O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira
administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas.
Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de
conduta.
B) MATERIAS ESPECÍFICAS.
7.- Concepto europeo do mundo rural. Vulnerabilidade do mundo rural: Orixes e causas. Tipoloxía rural
considerada na Unión Europea.
8.- O modelo agrario europeo: Da PAC xurdida do Tratado de Roma, ao actual modelo. Características e
funcións atribuídas á agricultura entón e agora.
9.- As sucesivas ampliacións da UE ata o ano 2007 e a súa incidencia na agricultura comunitaria. Principais
impactos do proceso de ampliacións.
10.- Os piares da PAC principios reitores e obxectivos da mesma. Prioridades da UE para o desenvolvemento
rural durante o período 2007-2013.
11.- Iniciativas europeas de desenvolvemento rural.
12.- Clasificación urbanística dos solos en Galicia: Principais características de cada un dos tipos e categorías
de solo.
13.- Réxime do solo rústico en Galicia: Dereitos e deberes dos propietarios. Condicións de uso e actividades
no solo rústico de Galicia.
14.- Categorías do solo rústico en Galicia: Principais características de cada unha delas.
15.- Condicións Xerais de edificación no solo rústico en Galicia. Condicións adicionais para as edificacións
destinadas a uso residencial, vinculadas a explotacións agrarias. Condicións adicionais para outras actividades
construtivas non residenciais.
16.- Réxime do solo de núcleo rural en Galicia: Dereitos e deberes dos propietarios do solo de núcleo rural.
Usos e actuacións neste tipo de solo. Condicións de edificación no solo de núcleo rural.
17.- A concentración parcelaria: Fases. Impacto ambiental da concentración parcelaria.
18.- Limitacións da propiedade por uso e defensa das estradas en Galicia. Área de influencia das mesmas
zonas a distinguir. Límites de edificación.
19.- Sector agrario galego: Problemática pendente:
a) Xestión das terras.
b) Integración económica das cadeas produtivas.
c) Crise económica e demográfica do medio rural.
20.- Agricultura e desenvolvemento sostible: Principais sistemas de produción en agricultura e características
fundamentais da cada un deles, en relación co desenvolvemento sostible.
21.- Xestión forestal sostible: Galicia e a xestión forestal sostible. Certificación forestal: Situación actual en
Europa, en España e en Galicia.
22.- Concepto e clasificación dos montes segundo a Lei 43/2003 de 21 de novembro.
23.- Calidade Ambiental I: Biodiversidade e espazos protexidos en España e en Galicia. Tipos e categorías de
espazos protexidos en ambos casos e principais características de cada un deles.
8
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
24.- Calidade Ambiental II: Recursos hídricos en España e en Galicia. Lexislación europea ao respecto.
Clasificación das augas en función da súa potabilidade e tratamentos requiridos en cada caso.
25.- Calidade Ambiental III: O solo e as súas funcións causas e formas de degradación dos solos: Situación
actual en España e en Galicia.
26.- Calidade Ambiental IV: Contaminación atmosférica: Principais orixes. Lexislación ambiental sobre o
control da contaminación atmosférica: Emisión e Inmisión.
27.- Calidade Ambiental V: Residuos e os seus tipos: Residuos sólidos urbanos e residuos sólidos industriais.
Opcións para a xestión de residuos sólidos.
28.- Procedemento xeral de expropiación. Declaración de utilidade pública ou interese social. Declaración de
necesidade de ocupación de bens ou adquisición dereitos. Procedemento ordinario. Procedemento expropiatorio
de urxencia. Actas previas á ocupación. Depósito previo. Ocupación
29.- Concepto de prezo xusto. Pagamento e toma de posesión: Consignación e retaxación, no procedemento
expropiatorio. Valoración do solo no procedemento expropiatorio: Aplicación xeral das normas de valoración.
Momento ao que se referirán as valoracións. Criterio xeral de valoración do solo. Valoración dos distintos tipos e
categorías do solo.
30.- Denominacións de calidade : Obxectivos dos indicativos de calidade. Evolución lexislativa: Denominación
de orixe, denominación xenérica e denominación específica. Denominación de orixe protexida e indicación
xeográfica protexida. A súa relación coas denominacións de orixe e coas indicacións específicas. Os casos
particulares do viño e bebidas espirituosas e da agricultura ecolóxica.
Pazo Provincial, 8 de maio de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero.
BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL A PRAZAS DE ADMINISTRATIVO
RESERVADAS Á QUENDA DE DISCAPACITADOS.
1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1
2- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no
sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”).
3- NÚMERO DA PRAZA CONVOCADA: 386.
GRUPO C, SUBGRUPO C1 .
CLASIFICACIÓN: Escala administración xeral, subescala Administrativa.
4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1275.
4.1.DENOMINACIÓN DO POSTO: ADMINISTRATIVO
4.2.ADSCRICIÓN: Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Servizo de Cooperación e Proxectos,
Unidade de Proxectos, sen prexuízo de que por necesidades motivadas polo servizo poidan prestalos en
unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e
Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006).
4.3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO:
Funcións administrativas, normalmente de trámite ou xestión e colaboración.
5- REQUISITOS INDISPENSABLES.
5.1.-TITULACIÓN ACADÉMICA:
Título de Bacharel ou técnico.
5.2.- Ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior
ao 33% emitido polo órgano competente no recoñecemento de minusvalía e discapacidades.
6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4.
7- PROGRAMA DE ACCESO Á PRAZA DE ADMINISTRATIVO.
A)MATERIAS COMÚNS.
Tema 1.- A Constitución Española de 1978. O título preliminar da Constitución. Os dereitos e deberes
fundamentais dos cidadáns.
Tema 2.- As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Defensor do Pobo e o Tribunal Constitucional.
9
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Tema 3.- O Goberno. Composición e funcións constitucionais. O presidente do Goberno. As funcións
constitucionais do Presidente do Goberno.
Tema 4.- O poder xudicial. Regulación constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización
xudicial española.
Tema 5.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. O sistema de distribución de
competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas.
Tema 6.- Os Estatuto de Autonomía de Galicia. Organización institucional da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Tema 7.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización,
desconcentración e coordinación. Outros principios da actuación administrativa.
Tema 8.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o
Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local.
B) MATERIAS ESPECÍFICAS.
Tema 9.- A provincia como entidade local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento
Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e
unipersonais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e
órganos de xestión administrativa.
Tema 10.- Os actos administrativos: concepto, elementos e clases. Requisitos: a motivación e a forma. A
eficacia dos actos administrativos. Termos e prazos. Requisitos. Validez e eficacia. A nulidade e anulabilidade.
Tema 11.- Os dereitos dos cidadáns en relacións coa Administración Pública. Os interesados: concepto de
interesado.
Tema 12.- O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común: A iniciación do
procedemento. Presentación no Rexistro Xeral de solicitudes. Os rexistro administrativos. A ordenación e a
instrución.
Tema 13.- O procedemento administrativo. Finalización e execución. O procedemento administrativo local.
Tema 14.- O expediente administrativo. Os documentos administrativos. Clases. Os documentos do cidadáns.
Tema 15.- Os contratos administrativos. Concepto. Clases. Elementos subxectivos: Administración
contratante. O órgano de contratación. O contratista. Capacidade e prohibición para contratar.
Tema 16.- Elementos formais: tramitación dos expedientes de contratación. Prego de condicións.
Procedemento e formas de adxudicación. Garantías. Execución. Modificación. Extinción.
Temas 17.- As Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Orzamento das Entidades
Locais: Conceptos esenciais da súa aprobación e execución.
Tema 18.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira
administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas.
Tema 19.- Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios
éticos e de conduta.
Tema 20.- A modernización da Administración Pública. A calidade na prestación dos servizos.
Pazo Provincial, 8 de maio de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero.
10
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ANEXO I DAS BASES XERAIS QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL.
DATOS DA PRAZA/ EMPREGO QUE SOLICITO.
DENOMINACIÓN:
ADSCRICIÓN:
RÉXIME XURÍDICO:
DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP:
DATOS PERSOAIS
PRIMEIRO APELIDO
DNI
SEGUNDO APELIDO
TELÉFONO PARTICULAR:
DOMICILIO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS.
NOME
TELÉFONO MÓBIL:
MUNICIPIO E PROVINCIA
CÓDIGO POSTAL
CORREO ELECTRÓNICO
EXPOÑO:
Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas:
Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada.
Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.
Estar en posesión do título esixido nas Bases Específicas.
Posuír a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións.
Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do
servizo dunha Administración Pública.
11
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
SOLICITO:
-
Ser admitido para participar no procedemento selectivo.
Marcar en caso afirmativo:
-
A exención de realizar a proba de galego por posuír o nivel esixido nas Bases específicas.
A adaptación das probas que se sinalan a continuación, por acreditar unha discapacidade igual ou
superior ao 33% e o motivo da discapacidade:
Proba e adaptación solicitada.
(Sinatura)
Lugo, a........................de...............................de ….....
PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.
12
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
MÉRITOS QUE DEBERÁN SER ACREDITADOS DOCUMENTALMENTE POLOS ASPIRANTES SEGUNDO SE SINALA
NA BASE XERAL 5.4.
A) EXPERIENCIA PROFESIONAL (Máximo 5 puntos).
DESEMPEÑO DE PRAZAS/POSTO/EMPREGOS NA ADMÓN. PÚBLICA.
Denominación da Administración.
Denominación praza/posto/emprego.
Tempo de servizos.
DESEMPEÑO DE POSTOS/EMPREGOS NA EMPRESA PRIVADA.
Denominación da Empresa.
Denominación do emprego.
Tempo de servizos.
B) TITULACIÓNS ACADÉMICAS (Máximo 1 punto).
C) CURSOS, ESTUDOS, XORNADAS, CURSOS DE INFORMÁTICA, MASTERS PROPIOS, PROXECTOS,
SEMINARIOS... (Máximo 4 puntos).
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
6
ASISTENCIA
Denominación da acción formativa.
Nº.horas.
13
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
7
8
9
10
11
12
13
14
15
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
6
APROVEITAMENTO
Denominación da acción formativa.
Nº.horas.
IMPARTICIÓN.
Denominación da acción formativa.
Nº.horas.
14
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
PUBLICACIÓNS, PROXECTOS, MASTERS PROPIOS, SEMINARIOS, ETC.
Denominación.
D) IDIOMA GALEGO (Máximo 1 punto).
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
6
Denominación da acción formativa ou titulación.
E) IDIOMAS COMUNITARIOS (Máximo 1 punto).
Nº. Orde.
1
2
3
4
5
Denominación da acción formativa ou titulación.
F) SUPERACIÓN DE PROBAS (Máximo 1 punto).
Proba superada.
Nª Boletín Oficial de publica da convocatoria
En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os
datos persoais que proporcione será tratados pola Deputación de Lugo coa única finalidade de tramitar a solicitude. Poderá
exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito á Deputación Provincial de
Lugo, calle San Marcos, 8, 27001 LUGO.
15
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
R. 2068
Anuncio
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 15 DE MAIO DE 2015 POLA QUE SE APROBA A LISTA PROVISIONAL
DE ADMITIDOS, SE NOMEA E SE CITA AO TRIBUNAL PARA A SÚA CONSTITUCIÓN E SE CITA AO TRIBUNAL E
AOS ASPIRANTES PARA A REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE 1
TÉCNICO SUPERIOR CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL,
SUBESCALA TÉCNICA, TÉCNICOS SUPERIORES, GRUPO A, SUBGRUPO A1, DO CADRO DE PERSOAL
FUNCIONARIO, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN, QUENDA LIBRE, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO
PÚBLICA 2015.
“Por Acordo da Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2015, apróbase a convocatoria e as bases xerais e
específicas que rexerán o proceso para a selección de 1 Técnico Superior Ciencias Económicas e Empresariais,
Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores Grupo A, Subgrupo A1, polo sistema
de oposición, quenda libre, correspondente á Oferta de Emprego Pública do ano 2015.
Visto que o Acordo publicouse no boletín Oficial da Provincia número 067 de 24 de marzo de 2015.
Rematado o prazo de presentación de instancias, segundo o establecido nas Bases Xerais 8 e 9, esta
Presidencia RESOLVE:
1º.- Aprobar a seguinte lista provisional de admitidos ao proceso selectivo:
Nº
APELIDOS E NOME
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
ALBA ÁLVAREZ, LUIS
BAL REGUEIRO, ANDRE
BRANDARIZ SEOANE, MARÍA
CAMPOS SÁNCHEZ, DAVID
CARRAMAL SILVA, MANUEL
CORREDOIRA CEIDE, JESÚS FRANCISCO
DORADO DURO, MARÍA DEL CARMEN
FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, VANESSA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, IRIA
LAGE FERNÁNDEZ, MARÍA DEL CARMEN
MÉNDEZ COSTA, DIEGO
PÉREZ RIELO, JAVIER
PERNAS GARCÍA, SOCORRO
PREGO FIGUEIRAS, MARGARITA
TROBO RODRÍGUEZ, ALBA
VÁZQUEZ PITA, MARÍA CRISTINA
2º.- Nomear aos membros do Tribunal cualificador que a continuación se sinala, podendo actuar
indistintamente titulares ou suplentes:
16
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
PRESIDENTE.Titular: Don Manuel García Mel, Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Arximiro Fernández Arias, Técnico Asesor en Recursos Humanos da Deputación Provincial de
Lugo.
VOGAIS.Titular: Dona Gloria Baamonde Tomé, Xefa do Servizo de Fiscalización na Intervención da Deputación
Provincial de Lugo.
Suplente: Don Fernando Seijas Puga, Xefe do Servizo de Contabilidade e Contas na Intervención da
Deputación Provincial de Lugo.
Titular: Dona Rosa Abelleira Fernández, Interventora da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don José Ferreiro Fernández, Tesoureiro da Deputación Provincial de Lugo.
Titular: Don Manuel Ángel Jove Losada, Xefe do Servizo de Contratación e Fomento da Deputación Provincial
de Lugo.
Suplente: Dona Raquel Meilán Sánchez, Técnico de Administración Xeral no Servizo de Cooperación e
Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo.
SECRETARIO.Titular: Don José Antonio Mourelle Cillero, Secretario Xeral da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario Interventor Xefe Servizo Cooperación e Asistencia aos
Concellos da Deputación Provincial de Lugo.
3º.- Citar aos membros do Tribunal para que comparezan o mércores día 3 de xuño ás 10 horas, no Salón
Verde da Deputación Provincial de Lugo, para a súa Constitución.
4º.- Citar aos membros do Tribunal e máis aos aspirantes para que comparezan o martes día 9 de xuño de
2015 ás 12:30 horas, na Aula de Seminarios da Deputación de Lugo, para a realización do primeiro exercicio da
oposición.
5º.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web desta Entidade e no Boletín Oficial
da Provincia.
A subsanación de erros e alegacións á lista provisional, poderán realizarse no prazo de dez días contados
dende o día seguinte á publicación desta Resolución no BOP.
De non presentarse reclamacións á lista provisional, entenderase definitiva sen necesidade de nova
publicación.
Contra a lista definitiva poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do
Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta Resolución no BOP ou ben
recurso contencioso- administrativo diante do Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo no prazo de
dous meses contados desde o día seguinte da citada publicación.
Cando as impugnacións teñan por causa a composición do Tribunal, rexeranse polo establecido nos artigos
28 e 29 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
Non obstante, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen convenientes para a súa
consideración na resolución que poña fin ao procedemento conforme ao artigo 107.1 da Lei 30/92, de 26 de
novembro, xa citada”.
Pazo Provincial de LUGO, 15 de maio, O Secretario.- José Antonio Mourelle Cillero
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 15 DE MAIO DE 2015 POLA QUE SE APROBA A LISTA PROVISIONAL
DE ADMITIDOS, SE NOMEA E SE CITA AO TRIBUNAL PARA A SÚA CONSTITUCIÓN E SE CITA AO TRIBUNAL E
AOS ASPIRANTES PARA A REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE 1
TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA TÉCNICA, GRUPO
A, SUBGRUPO A1, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO, QUENDA LIBRE, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN,
CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA 2015.
“Por Acordo da Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2015, apróbase a convocatoria e as bases xerais e
específicas que rexerán o proceso para a selección de 1 Técnico de Administración Xeral, Escala de
Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A, Subgrupo A1, polo sistema de oposición, quenda libre,
correspondente á Oferta de Emprego Pública do ano 2015.
Visto que o Acordo publicouse no boletín Oficial da Provincia número 067 de 24 de marzo de 2015.
17
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Rematado o prazo de presentación de instancias, segundo o establecido nas Bases Xerais 8 e 9, esta
Presidencia RESOLVE:
1º.- Aprobar a seguinte lista provisional de admitidos ao proceso selectivo:
Nº
APELIDOS E NOME
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
ÁLVAREZ ALVAR, MARÍA
ÁLVAREZ LÓPEZ, CAROLINA
ARIAS FOUZ, JAVIER
ARIAS VÁZQUEZ, JORGE
BARRAL GONZÁLEZ, ROBERTO
BERGANTIÑOS JOVE, LEANDRO
CAMPOS SÁNCHEZ, DAVID
CAO GONZÁLEZ, BEATRIZ
CASTRO ARIAS, SONIA
DÍAZ LÓPEZ, EVA
DORADO DURO, MARÍA DEL CARMEN
FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, VANESSA
FERRO GARCÍA, NIEVES
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, IRIA
IGLESIAS VARELA, MARÍA ELIZABETH
LAGE FERNÁNDEZ, MARÍA DEL CARMEN
LAGO RODRÍGUEZ, RAMÓN
LÓPEZ CIPRIÁN, MIGUEL ÁNGEL
LÓPEZ FERNÁNDEZ, IVÁN
LÓPEZ SANCOSMED, MARÍA ISABEL
MATO ROMERO, TANIA
MÍGUEZ FUENTES, HORTENSIO DAVID
PENSADO SEIJAS, ALBERTO
PEÓN TORRES, PEDRO
PÉREZ RAMOS, ANA MARÍA
PÉREZ RAMOS, ELENA MARÍA
PÉREZ RIELO, JAVIER
RAMOS CUBA, JOSÉ MIGUEL
18
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
29
30
31
32
33
34
35
36
B.O.P de Lugo
REGUEIRA ESTÉVEZ, DIANA
REJES CANOURA, ISABEL
REQUEIJO PECCIS, JESÚS ENRIQUE
RICO DÍAZ, ADRIÁN
RIVAS POZO, CARMEN
ROCA VÁZQUEZ, MARÍA
TROBO RODRÍGUEZ, ALBA
VILLAMOR CABADO, JOSÉ MANUEL
2º.- Nomear aos membros do Tribunal cualificador que a continuación se sinala, podendo actuar
indistintamente titulares ou suplentes:
PRESIDENTE.Titular: Don Manuel García Mel, Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Mónica Giménez López, Asesora Técnica no Servizo de Comunicacións e Tics da Deputación
Provincial de Lugo.
VOGAIS.Titular: Don José Ferreiro Fernández, Tesoureiro, da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Fernando Seijas Puga, Xefe do Servizo de Contabilidade e Contas, na Intervención da Deputación
Provincial de Lugo.
Titular: Dona Rosa Abelleira Fernández, Interventora, da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Dona Gloria Baamonde Tomé, Xefa do Servizo de Fiscalización na Intervención da Deputación
Provincial de Lugo.
Titular: Dona Mónica Marras Mosquera, Xefa do Servizo de Arquitectura da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Fernando Planas Roca, Xefe do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de Lugo.
SECRETARIO.Titular: Don José Antonio Mourelle Cillero, Secretario Xeral da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don José Antonio Castro Liz, Técnico de Administración Financeira e Contabilidade, na Intervención
da Deputación Provincial de Lugo.
3º.- Citar aos membros do Tribunal para que comparezan o mércores día 3 de xuño de 2015 ás 10:30 horas,
no Salón Verde da Deputación Provincial de Lugo, para a súa Constitución.
4º.- Citar aos membros do Tribunal e máis aos aspirantes para que comparezan o xoves día 11 de xuño de
2015 ás 9 horas, na Aula de Seminarios da Deputación de Lugo, para a realización do primeiro exercicio da
oposición.
5º.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web desta Entidade e no Boletín Oficial
da Provincia.
A subsanación de erros e alegacións á lista provisional, poderán realizarse no prazo de dez días contados
dende o día seguinte á publicación desta Resolución no BOP.
De non presentarse ningunha alegación á lista provisional, esta entenderase definitiva sen necesidade de
nova publicación.
Contra a lista definitiva poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do
Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta Resolución no BOP ou ben
recurso contencioso- administrativo diante do Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo no prazo de
dous meses contados desde o día seguinte da citada publicación.
Cando as impugnacións teñan por causa a composición do Tribunal, rexeranse polo establecido nos artigos
28 e 29 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
19
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Non obstante, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen convenientes para a súa
consideración na resolución que poña fin ao procedemento conforme ao artigo 107.1 da Lei 30/92, de 26 de
novembro, xa citada”.
Pazo Provincial de LUGO, 15 de maio.- O Secretario.- José Antonio Mourelle Cillero
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 15 DE MAIO DE 2015 POLA QUE SE APROBA A LISTA PROVISIONAL
DE ADMITIDOS, SE NOMEA E SE CITA AO TRIBUNAL PARA A SÚA CONSTITUCIÓN E SE CITA AO TRIBUNAL E
AOS ASPIRANTES PARA A REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE 1
ENXEÑEIRO DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOS, ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA,
TÉCNICOS SUPERIORES, GRUPO A, SUBGRUPO A1, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO, POLO SISTEMA
DE OPOSICIÓN, QUENDA LIBRE, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICA 2015.
“Por Acordo da Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2015, apróbase a convocatoria e as bases xerais e
específicas que rexerán o proceso para a selección de 1 Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Escala de
Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos superiores, Grupo A, Subgrupo A1, polo sistema de
oposición, quenda libre, correspondente á Oferta de Emprego Pública do ano 2015.
Visto que o Acordo publicouse no boletín Oficial da Provincia número 067 de 24 de marzo de 2015.
Rematado o prazo de presentación de instancias, segundo o establecido nas Bases Xerais 8 e 9, esta
Presidencia RESOLVE:
1º.- Aprobar a seguinte lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo:
A) ADMITIDOS
Nº
APELIDOS E NOME
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
ÁLVAREZ RUBIÑOS, LUIS
AMIL LAREO, IGNACIO MANUEL
ARIAS ARIAS, JOSÉ
BARREIRO GAREA, PABLO
CABEZUDO FERNÁNDEZ, ABEL
CILLERO BASANTA, IVÁN
DOBARRO VILARIÑO, MIGUEL ANTONIO
FERNÁNDEZ EIRAS, NOELIA
FERNÁNDEZ PUEYO, ALBERTO
FERNÁNDEZ VIDAL, MERITXELL
FERREIRO OTERO, DARÍO
FRADE FERNÁNDEZ, JAVIER SERAFÍN
GALÁN TRIANA, MARCOS
GÓMEZ FERNÁNDEZ-CAMIÑAS, DANIEL
GÓMEZ PIÑEIRO, ISAAC
GONZÁLEZ DEL RIEGO, BEATRIZ
HERBÓN MEILÁN, MARTA
MARTÍNEZ SUÁREZ, JOSÉ ANTONIO
20
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
35
B.O.P de Lugo
MÉNDEZ LAMAS, JESÚS
36
OROSA LÓPEZ, SERGIO DANIEL
37
PASTUR GARCÍA, MARÍA
38
PORTELA PONTE, JAVIER
39
REGUEIRO ABELLEIRA, JOSÉ ALBERTO
40
REIGOSA CASTRO, MARÍA
41
RICO DÍAZ, ADRIÁN
42
RIOS VÁZQUEZ, JORGE ALFREDO
43
RODRÍGUEZ ALBÁN, VÍCTOR
44
RODRÍGUEZ-LORASQUE VÁZQUEZ, IAGO
45
RUBIO LÁZARO, EMILIO
46
SIERRA FERNÁNDEZ, JOAQUÍN MANUEL
47
VALLADARES LÓPEZ, LETICIA
48
VARELA MARIÑO, MANUEL
49
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, GONZALO
B)
EXCLUÍDOS
Nº
APELIDOS E NOME
MOTIVO DA EXCLUSIÓN
1
SOBRINO SUÁREZ, CARLOS
Solicitude fora de prazo. Presentada o día
29 de abril de 2015.
O prazo de presentación de solicitudes
rematou o día 28 de abril de 2015
(publicación DOG o día 8.04.2015). Base
xeral 7.3
2º.- Nomear aos membros do Tribunal cualificador que a continuación se sinala, podendo actuar
indistintamente titulares ou suplentes:
PRESIDENTE.Titular: Don Manuel García Mel, Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Arximiro Fernández Arias, Técnico Asesor en Recursos Humanos da Deputación Provincial de
Lugo.
VOGAIS.Titular: Don Fernando Planas Roca, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Xefe do Servizo de Vías e Obras
da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Héctor Diéguez Aranda, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos no Servizo de Vías e Obras da
Deputación Provincial de Lugo.
Titular: Don Pablo Fuentes Faílde, Xefe Enxeñería, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos no Concello de
Lugo.
Suplente: Dona Marta Carballal Neira, Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, no Concello e Lugo.
21
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Titular: Don Manuel Ángel Jove Losada, Xefe do Servizo de Contratación e Fomento da Deputación Provincial
de Lugo.
Suplente: Dona Margarita Tarrío Álvarez, Técnico de Administración Xeral no Servizo de Contratación e
Fomento da Deputación Provincial de Lugo.
SECRETARIO.Titular: Don José Antonio Mourelle Cillero, Secretario Xeral da Deputación Provincial de Lugo.
Suplente: Don Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario Interventor Xefe Servizo Cooperación e Asistencia aos
Concellos, da Deputación Provincial de Lugo.
3º.- Citar aos membros do Tribunal para que comparezan o mércores día 3 de xuño de 2015, ás 9:30 horas,
no Salón Verde da Deputación Provincial de Lugo para a súa constitución.
4º.- Citar aos membros do tribunal e máis aos aspirantes para que comparezan o mércores día 10 de xuño de
2015 ás 9 horas, na Aula de Seminarios da Deputación de Lugo, para a realización do primeiro exercicio da
oposición.
5º.- Publicar a presente resolución no Taboleiro de Edictos, na páxina web desta Entidade e no Boletín Oficial
da Provincia.
A subsanación de erros e alegacións á lista provisional, poderán realizarse no prazo de dez días contados
dende o día seguinte á publicación desta Resolución no BOP.
De non presentarse reclamacións á lista provisional, entenderase definitiva sen necesidade de nova
publicación..
Contra a lista definitiva poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición, diante do
Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no BOP ou ben
recurso contencioso- administrativo diante do Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo no prazo de
dous meses contados desde o día seguinte da citada publicación.
Cando as impugnacións teñan por causa a composición do Tribunal, rexeranse polo establecido nos artigos
28 e 29 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
Non obstante, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen convenientes para a súa
consideración na resolución que poña fin ao procedemento conforme ao artigo 107.1 da Lei 30/92, de 26 de
novembro, xa citada”.
Pazo Provincial de LUGO, 15 de maio.- O Secretario.- José Antonio Mourelle Cillero
R. 2069
XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO
Anuncio
Resolución do 28 de abril de 2015 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública
a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de
Carballedo (Expediente IN407A 2015/12-2-8206-AT)
Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº.. 310) do sector eléctrico, e no título VII
do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte,
distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía
eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da
instalación eléctrica que se describe:
- Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio Social: A Batundeira 2- Velle- Ourense
- Denominación: Recuamento L.M.T. PRS807 en Pena
- Situación: concello de Carballedo
- Características Técnicas:
1-Liña de media tensión soterrada PRS807 (Peares/Renfe 7) con orixe nunha cela de liña no interior da
subestación de Peares e final nun paso aéreo a soterrado proxectado sobre pórtico metálico para conexión coa
L.M.T. aérea existente PRS807, cunha lonxitude de 226 metros, en condutor tipo RHZ1-2OL-240.
22
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar
as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte
días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 28 de abril de 2015.- A xefa territorial, Pilar Fernández López
R.1966
Anuncio
Resolución do 7 de maio de 2015 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información
pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no
concello de Lugo (Expediente IN407A 2015/24-2-8218-AT)
Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº. 310) do sector eléctrico, e no título VII
do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte,
distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía
eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da
instalación eléctrica que se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono Empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.
- Denominación: Soterramento LP Meilán 1- 2 Depósitos Piringalla.
- Situación: concello de Lugo
- Características Técnicas:
1-Substitución do apoio P1 existente correspondente a liña Meilán 1- 2 por otro de tipo C-9000-18-N2-CA,
instalación dun paso aéreo a soterrado e desmontaxe de apoios e condutor existente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar
as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte
días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 7 de maio de 2015.- A xefa territorial, Pilar Fernández López
R. 2008
Anuncio
Pagamento do prezo xusto pola ocupación de bens e dereitos afectados pola execucion do proxecto
denominado Reelectrificación de O Monte (Cospeito) Exp. 008/2010 A.T.
Comunícase a todos os interesados no expediente, no que se sigue o procedemento expropiatorio das
instalacións de referencia, que o día 16 de xuño de 2015 convócaselles ao pagamento das fincas número 1, 2,
4, 5, 7, 8, 9, 10, 11, 13,17, 19, 20, 24, 29, 30, 34, 36 e 37 na Casa do Concello de Cospeito segundo as
resolucións ditadas polo Xurado de Expropiación de Galicia. Cómpre advertir aos propietarios das fincas
afectadas, que serán notificados individualmente, que os pagos realizaranse nas condicións que establecen os
artigos 48 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de Decembro de 1954 e 48, 49 e 50 do seu Regulamento, do
26 de Abril de 1957.
Lugo, 8 de maio de 2015.- A xefa territorial, Pilar Fernández López
R. 2009
Anuncio
Resolución do 7 de maio de 2015 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a
petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo
(Expediente IN407A 2015/19-2-8213-AT)
Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº. 310) do sector eléctrico, e no título VII
do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte,
distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía
eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da
instalación eléctrica que se describe:
- Solicitante: Corsan-Corvian Construcción S.A.
- Domicilio Social: Caballero Andante 8- 28021 Madrid
23
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
- Denominación: L.M.T. soterrada Meilán 1- 2 depósitos Piringalla
- Situación: concello de Lugo
- Características Técnicas:
1-Liña de media tensión soterrada en canalización existente e proxectada (238 metros) con orixe no Dep.
auga (10.283) e final no apoio P1 cunha lonxitude de 540 metros, en condutor tipo RHZ-240.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar
as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte
días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 7 de maio de 2015.- A xefa territorial, Pilar Fernández López
R. 2010
CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio
Aos efectos oportunos, e ao obxecto de dar cumprimento á normativa legal vixente, faise constar que a Xunta
de Goberno Local deste concello, na sesión extraordinaria celebrada con data 28 de abril de 2015, prestou
aprobación as bases que se relacionan a continuación e acordou a correspondente convocatoria pública coa
apertura de prazo para a presentación de solicitudes :
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS
E VECIÑAIS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES E CONVOCATORIA PARA O ANO 2015.
O Concello de Begonte, a través da presente convocatoria, tenta apoiar ás entidades e asociacións que
traballan no eido cultural, deportivo e social, na realización de actividades, aos efectos de contribuír a que
acaden os obxectivos para os que foron creadas e fomenta-la participación dos veciños e veciñas, contribuíndo
deste xeito a impulsa-la democratización da sociedade.
Artigo 1º.- Finalidade e obxecto.
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva
a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas ou actividades culturais e
deportivas, conforme ao procedemento que a continuación se establece.
Para os efectos desta convocatoria, entenderase por programas ou actividades culturais e deportivas aquelas
destinadas á promoción e cooperación cultural e deportiva e á difusión e animación sociocultural que contribúa
ao espallamento e promoción da cultura e o deporte.
O período que se terá en conta para a realización das actividades será o exercicio económico do 2015.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
Poderán optar ás subvencións da presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas.
- Carecer de fins de lucro.
- Estar rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Begonte.
- Desenvolvelas súas actividades no ámbito do concello de Begonte
- Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de
axudas ou subvencións públicas.
- Estar ao día nas obrigas tributarias co concello de Begonte, coa Facenda Estatal e coa Seguridade Social.
Artigo 3º.- Contía.
O Concello de Begonte destinará unha cantidade máxima de 15.000,00 euros con cargo á aplicación
presupostaria 334.4801 do exercicio 2015, e dentro do crédito global destinado a “Produción de Bens Públicos
de Carácter Preferente/Transferencias Correntes a Familias e Institucións sen fins de lucro “.
As entidades poderán solicitar só unha subvención como máximo. A subvención concedida poderá financiar
ata o 100% do orzamento de gastos presentados, sen que en ningún caso supere os 1.000,00 euros, para as
asociacións veciñais e culturais e 600 € para as deportivas.
No caso en que as solicitudes admitidas excedan o crédito dispoñible, este ratearase entre todas elas.
24
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que illadamente, ou en concorrencia con
outras subvencións, axudas ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.
Artigo 4º.- Presentación de solicitudes, prazo e documentación.
As asociacións rexistradas no Concello de Begonte, que desexen acollerse a esta convocatoria deberán
presentar a correspondente solicitude, segundo o modelo normalizado que se facilitará ao efecto, no Rexistro
Xeral do Concello, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de
Réxime Xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei
4/1999, de 13 de xaneiro, no prazo de corenta días ( 40 ) naturais seguintes á publicación das presentes bases
no Boletín Oficial da Provincia, no caso de que o último día sexa domingo ou festivo ampliarase ata o seguinte
hábil.
Á solicitude xuntarase a documentación que a continuación se relaciona:
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
- Memoria na que se detallen as actividades polas que se solicita a axuda así como un orzamento
detallado de gastos e o importe da axuda solicitada.
- Certificado expedido polo/a Secretario/a da entidade no que conste a relación de persoas que
compoñen a Xunta Directiva.
- Certificado expedido polo/a Secretario/a da entidade no que conste o número de socios.
- Certificado do nº de conta bancaria da asociación á que se ten que efectúa-la transferencia.
- Declaración xurada de atopase ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias fronte á Facenda
Estatal e ó concello de Begonte, e das obrigas fronte á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Declaración xurada das axudas solicitadas ou concedidas doutras administracións ou entidades públicas
ou privadas, para a mesma finalidade.
- Declaración xurada de non estar incursa nas prohibicións sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Calquera outra documentación que o solicitante considere de interese para a avaliación da devandita
solicitude pola Comisión
O concello de Begonte xestionará de oficio o certificado municipal de estar ao corrente das obrigas fiscais
coa Administración local, así como de estar inscritas no rexistro municipal de asociacións.
Artigo 5º.- Emenda de solicitudes.
Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requirirase ao solicitante
para que, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa advertencia de
que de non o facer considerarase que desistiu da súa solicitude, segundo o disposto no artigo 71 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, e de acordo co previsto nos artigos 42 e 92 da citada lei.
Artigo 6º.- Instrución e selección de solicitantes.
A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por Resolución da
Alcaldía, a proposta motivada da Comisión avaliadora.
A Comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:
- Presidente: Alcalde- Presidente do Concello ou persoa en que delegue.
- Vogais:
• Concelleiro/a de Educación, Cultura e Deportes, ou persoa en que delegue.
• 1 Representante de cada Grupo Político da oposición na Corporación.
- Secretario: O da Corporación ou persoa en quen delegue.
A comisión valorará os expedientes consonte aos seguintes criterios:
• A orixinalidade e carácter innovador do programa ou actividade a desenvolver, ata 8 puntos.
• A continuidade e estabilidade da actividade, ata 5 puntos.
• Interese sociocultural da actividade, ata 5 puntos.
• Número estimado de persoas que poidan ser beneficiadas coa realización do programa ou actividade,
ata 5 puntos.
• Maior número de socios, ata 5 puntos.
25
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
• A participación de persoas con minusvalía, ata 5 puntos.
Artigo 7º.- Resolución.
A comisión de valoración estudará e valorará as solicitudes presentadas e emitirá unha proposta de
resolución motivando os criterios de reparto, e o Alcalde ditará a resolución que proceda, motivada, con
indicación do obxecto e o importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe da axuda concedida e a contía
desta.
Artigo 8º.- Pagamentos e xustificación.
Os beneficiarios da subvención quedarán obrigados a xustificar o importe total concedido, antes do 15 de
novembro de 2015, mediante a presentación no Rexistro Xeral do Concello, da seguinte documentación:
- Facturas orixinais ou fotocopia compulsada das mesmas
- No seu caso, un exemplar do programa, cartel anunciador e fotografías ou outra documentación gráfica
elaborada para o desenvolvemento da actividade subvencionada.
- Certificacións emitidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das
súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e
Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciada a actividade.
- Declaración de axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade
- Declaración xurada expedida polo perceptor de que foi cumprida a finalidade para a que se outorgou a
subvención conforme ao proxecto presentado.
Disposición Adicional Primeira.- As axudas para festas patronais quedan excluídas desta convocatoria,
regulándose polo establecido nas bases de execución do orzamento de 2015.
Begonte, 13 de maio de 2015. O Alcalde . José Ulla Rocha
R. 2044
PANTÓN
Anuncio
De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pantón (Lugo), en sesión
extraordinaria do 14/05/2015, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto,
tramitación urxente, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, cun único criterio de adxudicación, do
contrato administrativo especial para a explotación do Quiosco-Bar situado na piscina municipal de Pantón,
conforme os seguintes datos:
1.Entidade adxudicadora: Concello de Pantón (Lugo), Praza do Concello s/n, 27430Pantón. a) Dependencia
que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato: Contrato Administrativo Especial para a explotación do Quiosco-Bar situado na
piscina municipal de Pantón. Duración: 15/06/2015-31/08/2015.
3. Duración do contrato: Dúas Temporadas.
4.Admisión de prórroga: Unha prórroga de dúas temporadas, de mutuo acordo.
5. Tramitación: urxente Procedemento: aberto. Único criterio de adxudicación.
6. Orzamento base de licitación: Importe neto: 125,00 euros. Importe total: 151,25 euros (IVE incluido).
7. Garantías provisional: non se esixe.
8. Obtención de información: Concello de Pantón (Lugo). Teléfono: 982456005. Web municipal:
www.concellodepanton.es- Perfil del contratante.
9. Presentación proposicións:No Rexistro do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 durante o prazo
de 7 días naturais dende o día seguinte a publicación no B.O.P. de Lugo ou no perfil do contratante (a última
data das dúas publicacións). En caso de que o prazo remate en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó
seguinte día hábil.
Pantón, a 14 de maio de 2015.- O Alcalde, José Luis Álvarez Blanco.
R. 2070
26
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
A PASTORIZA
Anuncio
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o orzamento para o exercicio económico de 2015, o cadro
de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no art.169 do
texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5
marzo, e disposicións concordantes, exponse ao público na secretaría deste concello, por prazo de quince días
hábiles -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da
Provincia-, a fin de que durante o mesmo podan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as
cales deberán ser dirixidas ao Sr. alcalde-presidente desta corporación.
A Pastoriza, 12 de maio de 2015.- O Alcalde, Primitivo Iglesias Sierra
R. 2052
A PONTENOVA
Anuncio
A Xunta de Goberno Local, trala aceptación de competencias delegadas polo Concello Pleno (22/06/2011) e
Alcaldía (14/06/2011), mediante acordo acadado na sesión ordinaria de 07/05/2015, presta aprobación ao
seguinte:
•
LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES DO PREZO PÚBLICO
CORRESPONDENTE O MES DE MARZO DE 2015.
DO
SERVIZO
DE
AXUDA
NO
FOGAR
;
A devandita listaxe estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de
15 días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser
examinada e presenta-las reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada se
transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra estes.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición,
anterior ó contencioso - administrativo, perante a Xunta de Goberno no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da
finalización da exposición pública da listaxe.
Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte
detalle:
A) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar: do 29 de maio de
2015 ao 29 de xullo de 2015, ámbolos dous inclusive.
B) Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025
que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez
rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.
A Pontenova, 8 de maio de 2015.- O alcalde, Darío Campos Conde
R. 2026
PORTOMARÍN
Anuncio
Aprobado os PADRONS de:
Tasa SAF periodo abril de 2015.
Se exponen al público, en estas oficinas, por el plazo de quince días hábiles a efectos de examen y
reclamaciones.
PERIODO DE COBRO EN VOLUNTARIA:
-
Del 22 de maio 2015 ao 22 de xuño de 2015.
MODALIDADE DE COBRO.O ingreso das deudas realizaranse nas oficinas de Caixa Galicia – Oficina de Portomarín, nas datas laborables
de 9,00 a 14,00 horas, nas que se presentará o documento de ingreso que, a tal efecto se remite a o domicilio
dos contribuíntes.
27
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Aquelas persoas que por cualquier circunstancia non reciban ou extravíen o documento de ingreso poderán
solicitar un novo nas oficinas do Concello onde expediráselles outro a efecto de levar a cabo o ingreso en ditas
oficinas dla Caixa Galicia.
RECURSOS.Contra o acordo da aprobación poderá formularse recurso de reposición ante a Comisión de Goberno, no
plazo dun mes, contado dende o día seguiente ó finalizar o prazo de exposición ao público, ou ben recurso
contencioso- adm. Ante o Xulgado do Contencioso Adm. de Lugo, non podendo interponerse ambos recursos de
forma simultanea.
Transcurrido o prazo de ingreso no periodo voluntario, as deudas serán esxidas polo procedemento de
apremio e se devengarán os recargos correspondientes ao periodo executivo, os intereses de demora e, no seu
caso, as costas do procedemento de apremio.
Portomarín, a 9 de maio de 2015.- O Alcalde, Juan Carlos Serrano López.
R. 2053
RÁBADE
Anuncio
O Pleno deste concello, na sesión extraordinaria de data 11 de maio de 2015, acordou o seguinte :
1.- Aprobar a adaptación á normativa vixente dos Modelos de Rexistros de Intereses desta Corporación ( de
Bens Patrimoniais e de Actividades ), así como dos modelos de Declaración de bens patrimoniais e participación
en sociedades e de causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poidan proporcionar
ingresos económicos.
2.- Iniciar os trámites necesarios para a creación e regulación do ficheiro relativo aos rexistros de intereses,
nos termos establecidos na Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter
Persoal.
3.- Iniciar así mesmo os trámites para cumprimento ao establecido na Lei 19/2.013, de 9 de decembro, de
Transparencia, acceso á información e bo goberno, sobre publicación das declaración anuais de bens e
actividades na correspondente sede electrónica ou páxina web municipal.
4.- O referido acordo será de aplicación a partir do mandato corporativo 2015-2019.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos procedentes.
Rábade, a 12 de maio de 2015.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2027
Anuncio
Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello na súa sesión ordinaria celebrada o día 11de maio de 2015 o
expediente de modificación do anexo de inversións do orzamento municipal correspondente ó exercicio de
2015; en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co artigo 169 do Real Decreto Lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, exponse ó público, por prazo de quince días hábiles, para que os interesados poidan
examina-lo expediente e presenta-las reclamacións e suxerencias que estimen oportunas.
De non presentarse reclamacións entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional.
Rábade, a 12 de maio de 2015.- O ALCALDE-PRESIDENTE, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2028
RIBADEO
Anuncio
NOTIFICACIÓN
Non foi posible notificar a Daniel Rico Díaz, DNI 76581131D, ao ser devoltas polo servizo de correos ata en
dúas ocasións as notificacións cursadas co contido da resolución da Alcaldía de incoación de expediente
sancionador que de seguido se transcribe, descoñecéndose outro domicilio do mesmo.
“RESOLUCIÓN DA ALCALDIA, DE INCOACION DE EXPEDIENTE SANCIONADOR:
28
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Visto que, con data 20 de marzo de 2015, por parte da Policía Local foi formulada denuncia (se achega como
anexo a esta Resolución) por non proceder á limpeza das deposicións dos cans en lugares públicos a persoa que
o conduza ou no seu defecto, o seu dono.
Visto que a Ordenanza Municipal de Protección Medio Ambiental do Concello de Ribadeo (BOP nº 178 de
4/08/2006) dispón no seu artigo 19.2 que:
“2.-No caso de que as dexeccións queden depositadas en calquera lugar público, dentro do casco urbano e
fora dos lugares habilitados a tal fin, a persoa que conduza o animal estará obrigada á súa limpeza e a tal efecto
deberán levar obrigatoriamente unhas bolsas e/ou os accesorios necesarios para a recollida e limpeza das
dexeccións, que debidamente empaquetadas serán depositadas en papeleiras ou contenedores.”
Visto que, segundo o disposto polos artigos 29.2 e 45 da Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de Protección
Ambiental de Galicia, é competencia municipal a vixilancia e control medioambiental así como a incoación e
instrución de expedientes sancionadores.
Visto que o órgano municipal competente para a incoación de expedientes e a imposición de sancións é a
Alcaldía segundo o disposto no artigo 75.2 da Ordenanza Municipal de Protección Medio Ambiental deste
Concello.
Vistos a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 1/1995,de Protección
Ambiental de Galicia, a Ordenanza municipal citada, a Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común , o Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto,
polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, e demais normativa de
pertinente aplicación,
Esta Alcaldía, RESOLVE:
PRIMERO.- Incoar expediente sancionador por presunta infracción en materia medio ambiental a Don Daniel
Rico Díaz, DNI 76581131D, de acordo cos seguintes datos:
a) Presunto/s responsable/s: Don Daniel Rico Díaz, DNI 76581131D, como posuidor e titular responsable do
animal.
b) Feitos denunciados: Non proceder á limpeza das deposicións dos cans en lugares públicos a persoa que o
conduza ou no seu defecto, o seu dono. Data: 20/03/2015.
c) Concretos preceptos legais que se entenden infrinxidos: Art. 19.2 da Ordenanza Municipal de Protección
Medioambiental do Concello de Ribadeo.
d) Cualificación xurídica: Falta leve a tenor do disposto no artigo 76. 1 ñ) da Ordenanza municipal de
Protección Medioambiental do Concello de Ribadeo.
e) Sancións que poden corresponder: multa de 5.000 a 15.000 ptas. (de 30,05 a 90,15 €) segundo o artigo
77 a) da Ordenanza municipal de Protección Medioambiental do Concello de Ribadeo.
f) Medidas provisionais: non proceden.
SEGUNDO.- Designar como Instrutor do expediente ó funcionario Técnico de Administración Xeral Don José
Rodil Veiga, ó que lle será de aplicación o réxime de abstención e recusación previsto nos artigos 28 e 29 Lei
30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.
TERCEIRO.- Conceder ó presunto responsable un prazo de audiencia no expediente por quince días para
aportar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, no seu caso, propoñer proba
concretando os medios dos que pretendan valerse, facéndolle saber que o recoñecemento voluntario da súa
responsabilidade poñerá fin ó expediente podendo terse en conta esta circunstancia para a fixación da
correspondente sanción.
CUARTO.- Comunicar ó presunto responsable o seu dereito de acceso permanente ó expediente, a coñecer o
seu estado de tramitación e a obter copia dos documentos contidos no mesmo, de acordo co disposto no artigo
35 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento
Administrativo Común.”
De conformidade co disposto no artigo 59.4 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de RXAPPAC, polo
presente edicto notifícaselle a Daniel Rico Díaz, DNI 76581131D, a referida resolución para que durante o prazo
de quince días a contar dende a publicación no BOP de Lugo poida formular as alegacións que no seu caso
consideren procedentes.
Ribadeo, a data de sinatura electrónica.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
R. 2029
29
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
SARRIA
Anuncio
Aprobado inicialmente o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2015 na sesión extraordinaria do
Pleno celebrada o 08 de maio de 2015, así como as Bases de Execución, o Anexo de Investimentos, e o Anexo de
persoal, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto-Lexislativo 2/2004, Texto Refundido da
Lei 39/1988, reguladora das Facendas Locais, o expediente exponse ao público na Intervención Xeral do
Concello polo prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte á inserción deste anuncio no Boletín
Oficial da Provincia, podendo os interesados examinalo e presenta-las reclamacións que estimen oportunas.
O Orzamento Xeral e os anexos mencionados quedarán definitivamente aprobados se transcorrido dito prazo
de exposición non se presentaran reclamacións. No caso contrario, o Pleno terá un prazo de un mes para
resolvelas.
O Orzamento Xeral definitivamente aprobado publicarase no Boletín Oficial da Provincia, entrando en vigor no
exercicio correspondente.
Sarria,12 de maio de 2015.- O ALCALDE-PRESIDENTE., José Antonio García López.
R. 2030
O SAVIÑAO
Anuncio
LICITACIÓN
Segundo o acordo do Pleno da Corporación, na sesión celebrada en data 27 de abril de 2015, anunciase a
licitación da xestión do servizo de axuda no fogar, atendendo á oferta económicamente máis ventaxosa con
varios criterios de adxudicación.
1.
Entidade adxudicadora: Concello de O Saviñao
a) Organismo: Pleno
b) Obtención de documentación e información: Oficinas Xerais do Concello
1) Dependencia: Oficinas Xerais
2) Domicilio: Casa do Concello, Plaza de España, 1
3) Localidade e código postal: Escairón, 27540, O Saviñao
4) Teléfono: 982 452061
5) Fax: 982 453048
6) Correo electrónico: [email protected]
7) Dirección de internet do perfil do contratante: www.concellodosavinao.com
2.
Obxecto do contrato:
a) Tipo: Xestión de servizos
b) Descrición: Axuda no fogar, modalidades básica e dependencia.
c) Lugar de execución: O Saviñao
d) Prazo de execución: Un ano
e) Prórroga: Un ano
3.
Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: Ordinaria
b) Procedemento: Aberto con multiplicidade criterios de adxudicación
c) Criterios de adxudicación: Según prego
4.
Orzamento base de licitación:
13,00 €/ hora IVE excluido
Orzamento máximo: 380.328 euros anuais IVE excluído.
5. Requisitos específicos do contratista:
a)
Clasificación en su caso (grupo, subgrupo e categoría): non se esixe
30
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
b)
B.O.P de Lugo
Solvencia económica e financieira e solvencia técnica e profesional, no seu caso: Según prego
6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a)
Data límite de presentación: 15 días naturais (contados a partir do seguinte ao da publicación deste
anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo)
b)
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de O Saviñao
1)
Domicilio: Plaza de España, 1
2)
Localidade e código postal: Escairón, 27540, O Saviñao
O Saviñao a 8 de maio de 2015.- Alcalde-Presidente, Joaquín González González
R. 2031
O VALADOURO
Anuncio
Rendida a Conta Xeral para o exercicio económico de 2014 e dictaminada pola Comisión Especial de Contas e
Informativa de Planificación Económica na súa sesión ordinaria celebrada o día 11 de maio de 2015, a mesma,
xunto co ditame e os documentos que a xustifican exponse ó público na Secretaría-Intervención municipal por
un prazo de 15 días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no
Boletín oficial da Provincia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as
reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunas, tal e como sinala o artigo 212.3 do Real Decreto
Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais.
O Valadouro, a 12 de Maio de 2015.- O Alcalde-Presidente, Edmundo Maseda Maseda
R. 2032
O VICEDO
Anuncio
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o día 25 de marzo de 2015, aprobou incialmente o
expediente de ordenanza municipal reguladora da tenza, defensa e custodia dos animais de compañía. Téndose
publicado anuncio de información pública por prazo de 30 días no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 75, de
4 de abril de 2015, sen que durante o devandito prazo se tivera formulado ningunha reclamación ou suxestión,
consonte ó precetpuado no artigo 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, enténdese
definitivamente acadado o acordo ata entón provisional. Finalmente, de conformidade co disposto no artigo 70.2
da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, procédese á súa íntegra publicación, podendo os
interesados interpor, contra o acordo de aprobación definitiva, recurso contencioso – administrativo perante a
sala do contencioso – administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, os
cales se computarán dende o día seguitne ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia
de Lugo.
O Vicedo, 12 de maio de 2015.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez
“ORDENANZA REGULADORA DA TENZA, DEFENSA E CUSTODIA DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA.
FUNDAMENTO E RÉXIME.
A Lei 1/1993, do 13 de abril, da Xunta de Galicia, desenvolvida polo seu Regulamento aprobado polo Decreto
153/1998, do 2 de abril, fixa as disposicións de carácter xeral que rexen sobre a protección dos animais
domésticos e salvaxes en catividade.
Por outra banda, a Lei 50/1999, do 23 de decembro, publicada no Boletín Oficial do Estado número 307, do
24 de decembro, establece o réxime xurídico de posesión de animais potencialmente perigosos.
O Real decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre
réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos.
Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a posesión de animais potencialmente perigosos na
Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e
potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
Co fin de definir, como complemento das anteriores disposicións xerais, aqueles aspectos que se consideren
específicos na aplicación de tales disposicións neste termo municipal e facendo uso das facultades que veñen
dadas polo artigo 6 da Lei 5/97, do 22 de xullo, da administración local de Galicia, apróbase esta ordenanza que
entrará en vigor unha vez cumpridos os trámites de exposición pública e transcorrido o prazo regulamentario a
31
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
que se fai referencia nos artigos 70.2, en relación co 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do
réxime local.
A) Lexislación básica:
- Constitución española de 1978.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Lei xeral de sanidade de 1986.
B) Lexislación específica:
-Lei 1/1993, do 18 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade
-Cans guía: Real decreto 3250/83, do 7 de decembro.
-Núcleos zoolóxicos: Orde do 30-07-80; Decreto 1119/75, do 24 de abril.
C) Lexislación subsidiaria estatal:
- Lei de epizootias, do 20 de decembro de 1952.
- Regulamento de epizootias. Decreto do 4 de febreiro de 1995.
- Orde do 5 de decembro de 1974, que inclúe a lexislación anterior en materia de recollida de cans.
- Orde do 14 de xuño de 1976, modificada pola Orde do 16 de decembro de 1976.
TÍTULO I.- Obxectivos e ámbito de aplicación
Artigo 1
1. Esta ordenanza ten por obxecto establecer a normativa que regule as interrelacións entre as persoas e os
animais domésticos, tanto os que conviven cos humanos como os destinados a actividades deportivas ou
lucrativas, facendo compatible a coexistencia dos animais cos seres humanos coa prevención dos posibles riscos
para a hixiene ambiental, a saúde e a seguridade de persoas, animais e bens.
2. Con tal finalidade, a ordenanza ten en conta tanto as molestias e perigos que poden ocasionar os animais
como o valor da súa compañía para un gran número de persoas e a axuda que poden prestar polo adestramento
e a dedicación, como no caso dos cans guía, dos traballos de salvamento e de todos os demais en que os
animais domésticos proporcionan aos humanos satisfaccións deportivas e de lecer.
3. Quedan excluídos desta ordenanza porque se rexen pola súa propia normativa:
- a caza, (agás os cans destinados a esta actividade),
- a pesca,
- a protección e conservación da fauna silvestre no seu medio natural,
- os touros e espectáculos taurinos tradicionais,
- a gandería entendida como cría de animais con fins de abasto,
- os animais destinados ao traballo, a proporcionar pel ou algún outro produto útil,
- cans e animais pertencentes ás forzas armadas, forzas e corpos de seguridade do estado, corpo de policía
da comunidade autónoma, policía local e empresas de seguridade con autorización oficial.
Artigo 2
Para os efectos desta ordenanza enténdese por:
-Animais de compañía: todo animal posuído ou destinado a ser posuído polas persoas, especialmente no
fogar, para servir de lecer e como compañeiro.
-Animal abandonado: todo animal de compañía que non teña fogar ou non se atope no fogar do seu
propietario ou posuidor e non estea baixo control ou vixilancia.
-Animal salvaxe en catividade: todo animal que, vivindo ceibe pola súa condición, fose obxecto de captura
no seu medio natural, manténdose nun grao absoluto e permanente de dominación.
-Animais potencialmente perigosos: considéranse animais potencialmente perigosos todos aqueles que,
pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á
que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptíbeis
de ocasionar a morte ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás
cousas.
-Comercio de animais de compañía: o conxunto de transaccións practicadas de forma regular e con fins
lucrativos que impliquen a transferencia de propiedade destes animais.
32
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
- Cría e custodia comercial de animais de compañía: a que se practica con fins lucrativos
-Microchip ou transponder: cápsula portadora dun dispositivo electrónico que contén un código
alfanumérico identificativo susceptible de ser lido mediante un equipo lector específico.
Artigo 3
Sen prexuízo do esixido nas demais disposicións que sexan aplicables, as actividades que seguen, estarán
suxeitas a comunicación previa, ou, de ser o caso, á obtención dunha licenza municipal previa nos termos que se
determine na lexislación aplicable.
1. Os establecementos hípicos, sexan ou non de tempada, con instalacións fixas ou non, que garden cabalos
para a práctica da equitación con fins deportivos, recreativos ou turísticos.
2. Os centros para animais de compañía destinados á reprodución, aloxamento temporal ou permanente ou á
subministración de animais para vivir domesticados nas casas, principalmente cans, gatos e aves ou outros
cánidos destinados á caza e ao deporte, e que se dividen en:
-Lugares de cría: para a reprodución e subministración de animais a terceiros.
-Residencias: establecementos destinados a aloxamento temporal.
- Canceiras deportivas: establecementos destinados á práctica do deporte en canódromos.
-Fatos: establecementos destinados a gardar animais para a caza.
3.Centros ou agrupacións diversas non comprendidas entre os anteriores. Clasifícanse en:
-Paxareiras: para a reprodución ou a subministración de pequenos animais, principalmente pequenas aves,
con destino aos domicilios.
-Subministradores de laboratorios: para a produción e a subministración de animais con fins de
experimentación científica.
- Zoos ambulantes, circos e entidades asimiladas.
- Comercios dedicados á venda de animais de acuario ou terrario, como peixes, arácnidos ou réptiles.
- Instalacións dedicadas á cría de animais para aproveitamento da pel.
4. Se unha persoa física o xurídica ten dous o máis animais de compañía para criar con finalidades
comerciais, deberá solicitar e obter a correspondente licenza das autoridades municipais.
5. A celebración de todo tipo de eventos con participación de animais.
TÍTULO II.- Sobre posesión de animais.
Capítulo I
Artigo 4
1. O posuidor dun animal, sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, será responsable
dos danos, prexuízos e molestias que ocasione, excepto nos casos de forza maior ou culpa exclusiva do
damnificado.
2. Con carácter xeral autorízase a posesión de animais domésticos de compañía nos domicilios particulares,
estando condicionada a que as circunstancias hixiénicas do seu aloxamento sexan óptimas, á ausencia de riscos
no aspecto sanitario e á inexistencia de perigos ou molestias evitables para os veciños ou para outras persoas
3. Con tal finalidade, desde as 22.00 ata as 8.00 horas prohíbese deixar nos patios, terrazas, galerías ou
balcóns, aves e animais en xeral que cos seus sons, ouleos ou cantos perturben o descanso ou tranquilidade dos
veciños. No resto do día tamén deberán ser retirados dos lugares especificados polos seus propietarios ou
posuidores cando, de maneira evidente, ocasionen molestias aos ocupantes do inmóbel ou inmóbeis veciños.
4. Os propietarios ou posuidores de animais estarán obrigados a proporcionarlles alimentación abonda e
axeitada ás características de cada animal.
5. O propietario ou posuidor dun animal estará obrigado a practicarlle as curas axeitadas que precise e a
proporcionarlle os tratamentos preventivos de enfermidades e as medidas sanitarias que cumpran ou que, de ser
o caso, a autoridade municipal e outros organismos competentes dispoñan.
6. Os animais afectados de enfermidades de declaración obrigatoria segundo a Lei do 20 de decembro de
1952 de epizootias deberán ser illados, proporcionándolles o tratamento axeitado e posíbel. De non haber
tratamento deberán ser sacrificados por métodos eutanásicos que impliquen o mínimo sufrimento e provoquen
unha inmediata perda da consciencia. Este precepto será de aplicación tanto aos particulares como a aquelas
entidades que ofrezan refuxio aos animais perdidos ou extraviados.
33
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
7. O número de animais que poden aloxarse en cada domicilio ou inmóbel poderá ser limitado pola
autoridade competente con base en informes técnicos motivados e atendendo ás características da vivenda e á
biomasa dos animais aloxados.
Artigo 5
1. O posuidor dun animal salvaxe en catividade é responsábel da súa protección e coidado, así como do
incumprimento das obrigas previstas nesta ordenanza.
2. A posesión de animais en catividade procedentes de importación precisa un informe previo do organismo
competente da Xunta de Galicia relativo ás condicións hixiénico-sanitarias do animal. Así mesmo, os animais que
pertenzan a algunha das especies recollidas no CITES, (Regulamento 3626/CEE do Consello, do 3 de decembro
de 1982, relativo á aplicación na Comunidade do convenio sobre comercio internacional de especies ameazadas
da fauna e flora silvestres) deberán posuír o seu correspondente pasaporte ou cartilla sanitaria.
3. Prohíbese a caza, captura, posesión, tráfico, comercio, venda e exhibición pública segundo o
correspondente caso, tanto das especies adultas como crías, ovos e de tódalas especies e subespecies
ameazadas, independentemente da súa procedencia, salvo nos casos que regulamentariamente determine a
autoridade competente.
4. Prohíbese a posesión de animais salvaxes perigosos para as persoas fóra dos locais autorizados polo
órgano competente da Xunta de Galicia, así como a súa circulación por lugares abertos ao público sen as
medidas protectoras que se establezan, de acordo coas características de cada especie.
5. As medidas sanitarias e hixiénicas previstas nesta Ordenanza, así como as recollidas no artigo 9 da Lei
1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, aplicaranse tamén aos
animais salvaxes en catividade.
1. Queda absolutamente prohibida a entrada e permanencia de animais en toda clase de locais dedicados á
fabricación, venda, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos. Non obstante, en restaurantes,
bares, cafeterías e similares, a entrada e permanencia de animais estará condicionada ao criterio do dono do
establecemento sempre e cando non supoña ningún tipo de incomodidade ou molestia para os concorrentes,
sendo o propietario do animal o responsábel dos seus actos.
2. Prohíbese a circulación e permanencia de cans, cabalos e outros animais nas praias do Concello entre os
meses de maio a setembro, en horario de 10:00 h. a 21:00 h. e no caso dos cabalos faise extensible esta
prohibición á permanencia nos cascos urbanos durante todo o ano, agás nos supostos recollidos no artigo 3 da
presente ordenanza.
3. Queda prohibida a entrada de animais en espectáculos públicos deportivos e culturais, así como en
recintos de práctica de deportes e de xogos infantís ou naqueloutras zonas que o Concello determine atendendo
ás súas dimensións ou réxime de usos.
4. Autorízase o traslado de animais nos medios de transporte público, sempre e cando se realice en cestas ou
gaiolas. No caso dos taxis queda a criterio do condutor. Ámbolos casos estarán sempre condicionados a que
sexan sostidos polos seus donos de forma que non ocupen os asentos.
5. O transporte de animais en vehículos particulares realizarase de forma que non poidan perturbar a acción
do condutor nin se comprometa a seguridade do tráfico e de acordo coas normas previstas no Código da
circulación.
Artigo 7
En establecementos hoteleiros e pensións, a estadía de animais de compañía estará condicionada a unhas
óptimas circunstancias hixiénicas de aloxamento e á inexistencia de calquera tipo de incomodidade ou molestia
para os residentes. O propietario dos animais é, en todo momento, responsábel dos seus actos e deberá
presentar a súa identificación acreditativa perante calquera axente da autoridade que o requira.
O acceso e permanencia dos animais en lugares comunitarios privados o nas súas dependencias, tales como
sociedades culturais, recreativas ou similares, zonas de uso común de comunidades de veciños ou outras, estará
suxeito ás normas que rexan nas ditas entidades.
Artigo 8
Quedan excluídos expresamente do preceptuado nos artigos 6 e 7 os cans guía que poderán circular
libremente nos transportes públicos urbanos, así como acceder a calquera tipo de local, sempre que estean
acompañados polo seu dono e posúan as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade que se prevé na
normativa sectorial aplicable.
Artigo 9
1. As persoas agredidas por animais darán inmediatamente conta do feito ás autoridades sanitarias.
34
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Artigo 10
1. Con carácter xeral nas vías e espazos públicos os cans deberán ir provistos de correa ou cadea.
Exceptuarase desta obriga o suposto de zonas especialmente habilitadas polo Concello para o espallamento dos
cans. Non obstante ao anterior, os cans potencialmente perigosos circularán sempre con bozo, mesmo nas
referidas zonas.
2. Queda absolutamente prohibido o abandono na vía pública de cadáveres de calquera especie animal.
Artigo 11
O contido do rexistro de animais potencialmente perigosos é o establecido no Decreto 153/98 do 2 de abril e
Lei 50/1999 do 23 de decembro e Decreto 90/2002 do 28 de febreiro.
1. Os propietarios ou posuidores de cans están obrigados a identificalos mediante un implante electrónico
antes dos tres meses de idade ou ao mes da súa adquisición.
2. O implante electrónico deberá ter as seguintes características:
* Estar pre-programado sen que permita a súa modificación posterior.
* O sistema ten que manterse operativo a temperaturas ata os 70º C.
* O código alfanumérico será único para cada animal, sen que poidan existir dous ou máis animais co mesmo
código.
* A estrutura do código alfanumérico que incorporen deberá cumprir co establecido na norma ISO 11.784.
* O sistema de intercambio de enerxía entre o dispositivo e o lector deberá cumprir co establecido na norma
ISO 11.785.
* O tamaño será inferior a 12 milímetros de longo e 2,5 milímetros de ancho.
* Estarán dotados dun sistema antimigratorio e o seu recubrimento deberá ser biocompatíbel.
* Presentaranse individual e convenientemente esterilizados en envase que conteña a agulla e o inxector, e
incluirá un mínimo de tres etiquetas co código de barras que conteña o código alfanumérico.
* A implantación no animal do código establecido será efectuada por un veterinario, nomeado para o efecto
pola autoridade competente.
3. A morte, desaparición, cambio de domicilio ou transferencia de propiedade dos animais serán
comunicados polos propietarios ou posuidores ao servizo correspondente dentro do período dos dez días
seguintes a que se produzan.
4. O animal deberá ser identificado en presenza do seu propietario, figurando os seus datos nome, apelidos,
enderezo, teléfonos de contacto e documento oficial de identificación e a súa sinatura no impreso oficial de
identificación. Os responsábeis do rexistro e censo, despois de recibir a documentación remitida polo
veterinario, no que constarán o nome, enderezo, número de colexiado, data na que se realiza a implantación da
identificación e a entrega do documento ó propietario, e no caso de animais potencialmente perigosos o número
de veterinario colaborador, procederán a procesar os datos e enviarán ao propietario do animal o documento
acreditativo da identificación.
5. Os datos dos propietarios gozarán da confidencialidade e reserva que establece a normativa vixente nesta
materia.
6. Neste rexistro e censo levarase nota de: baixas, perdas ou traslados fóra do Concello así como cantos
cambios se produzan na titularidade.
7. Rexistro e Censo Municipais poderán ser consultados por tódalas administracións públicas e autoridades
competentes, así como por aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten interese lexitimo nos datos que
constan nel. En todo caso, o tratamento dos datos será acorde co disposto na L.O 15/99 de protección de datos
persoais. Neste senso serán responsable dos ficheiros o Secretario Xeral do Concello ou persoa en quen delegue.
8. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ós datos contidos no Rexistro e Censo
exercitaranse mediante á presentación da correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello.
9. Os datos do Rexistro e Censo Municipal, que constarán en soporte informático, deberán ser remitidos ó
Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía no prazo máximo de 15 días contados dende o
momento da inscrición dun animal potencialmente perigoso.
10. Todos os animais que figuren así inscritos, disporán da correspondente cartilla sanitaria na que constarán
tódolos antecedentes de identificación e sanitarios desde a súa primeira inscrición ata a morte do animal. Esta
cartilla deberá estar á disposición das autoridades para súa comprobación cando fose requirido o posuidor para
a súa presentación.
35
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Capítulo II.- Dos cans ou outros animais que conviven coas persoas.
Artigo 12
1. O posuidor dun animal doméstico é responsable da súa protección e coidado así como do cumprimento de
todas as obrigas contidas nesta ordenanza.
Artigo 13
A vacinación ou tratamento obrigatorio dos animais domésticos será realizada polo órgano competente da
Xunta de Galicia, con base na facultade prevista no artigo 9.1 da Lei 1/93, do 13 de abril.
Artigo 14
1. Exceptúanse do uso de correa ou doutro medio de suxeición, así como de bozo, os cans que se utilicen en
tarefas agrícolas, gandeiras ou de caza mentres desenvolvan as súas actividades no ámbito rural ou aqueles que
se empreguen na caza no tempo e forma legal; os que en compañía dunha persoa responsable circulen fóra dos
núcleos urbanos por terreos agrícolas ou forestais sempre que non concorra a presenza de terceiras persoas así
como os cans guía de persoas con deficiencias visuais.
2. Queda absolutamente prohibido que os propietarios ou posuidores de cans, ou cabalos deixen as
deposicións dos seus animais nas beirarrúas ou nas zonas de paso de peóns e, en xeral, en toda a vía pública.
3. As deposicións que se produzan serán recollidas polos propietarios ou posuidores dos animais e colocadas
de xeito hixienicamente aceptábel nos colectores de recollida de lixo ou nos lugares que a autoridade municipal
destine expresamente para este fin. Queda prohibido depositalas nas entradas dos sumidoiros.
Artigo 15
As persoas que utilicen cans para a vixilancia de predios, obras ou calquera outra propiedade, deberán
cumprir coas condicións establecidas no artigo 20 da Lei 1/93 do 13 de abril e, en todo caso, daranlles alimento,
aloxamento, espazo e curas axeitadas, ademais de telos debidamente censados e identificados. Así mesmo,
deberán estar baixo a vixilancia e control do dono do inmóbel de forma que non poidan causar danos ás
persoas, a outros animais ou ás cousas.
Advertirase en lugar visíbel a existencia dun can gardián.
Artigo 16
1. Compete ao Concello a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no termo
municipal.
Capítulo III.- Animais potencialmente perigosos
Artigo 17
Consonte o establecido no decreto 90/2002 do 28 de febreiro de 2002, entenderase por cans potencialmente
perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:
a) Cans que tiveran algún episodio de agresión a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou a cousas.
b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.
c) Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa,
e en concreto os pertencentes ás razas seguintes: Americano Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif,
Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario,
Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán
considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, os cruces destas razas entre si ou cruces
destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos
ou calquera outro medio. A agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo de
notificación ou denuncia e despois do informe dun adestrador ou veterinario designado para este efecto.
Artigo 18.- Licenza para a posesión de animais potencialmente perigosos.
1. A tenza dos animais potencialmente perigosos requirirá a obtención previa dunha licenza administrativa
outorgada polo concello, nos termos previstos no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro e no artigo 3 do
Real decreto 287/2002 de 22 de marzo.
A solicitude de licenza administrativa para a posesión de animais potencialmente perigosos debe ir
acompañada da seguinte documentación:
a) Fotocopia do DNI, que acredite a maioría de idade.
b) Certificado negativo de antecedentes penais expedido polo Rexistro do Ministerio de Xustiza no que non
se indiquen condenas por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade sexual e a saúde pública,
36
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á
posesión de animais potencialmente perigosos.
c) Certificado negativo de infracción administrativa expedido pola Delegación Provincial de Medio Ambiente
de non ter sanción por infracción grave ou moi grave con algunha das sancións accesorias das previstas no
apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999 do 23 de decembro. Non obstante, no será impedimento para a
obtención ou, de ser o caso, renovación da licenza, ter suspensións temporais anteriores desta, sempre que no
momento da solicitude, a sanción de suspensión anteriormente imposta estea cumprida integramente.
d) Certificado expedido polos directores dos centros de recoñecemento que estean debidamente autorizados,
no que se indique a disposición de capacidade física e aptitude psicolóxica para a posesión de animais
potencialmente perigosos.
e) Acreditación de formalización dun seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros cunha cobertura
non inferior a cento vinte e cinco mil euros (125.000 euros).
f) Para a posesión de animais salvaxes en catividade potencialmente perigosos esixirase ademais unha
memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade.
2. Esta licenza deberá ser renovada cada cinco anos, coa finalidade de comprobar que o interesado segue a
cumprir os requisitos que se lle esixiron para a súa obtención. Non obstante, a licenza perderá a súa vixencia no
momento en que o titular deixe de cumprir calquera dos requisitos do apartado anterior. Calquera variación dos
datos que figuran na licenza deberá ser comunicada polo titular nun prazo de quince días, contado dende a data
en que se produza, ao órgano competente do Concello do Vicedo.
3. Os donos dos animais potencialmente perigosos subscribirán un seguro
cobertura mínima de cento vinte e cinco mil euros (125.000 euros), que se
responsabilidade derivada dos danos que o animal poida causar a terceiros,
persoa para o seu coidado. A constitución do citado seguro será requisito
identificación dos animais e inscrición no rexistro.
de responsabilidade civil cunha
renovará anualmente, pola súa
aínda que fose cedido a outra
indispensábel e previo para a
4. A licenza indicará o número, data de expediente, a validez, o nome, apelidos e DNI, o enderezo do titular e
a fotografía recente deste.
5. Unha vez comunicado o outorgamento da licenza, concédeselle un prazo de 15 días para realizar a
inscrición do can no Rexistro Municipal de animais potencialmente perigosos.
6. A obtención da licenza para a tenza de animais salvaxes en catividade, considerados como potencialmente
perigosos, requirirá, ademais dos requisitos especificados no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, a
presentación dunha memoria descritiva das instalacións e das medidas de seguridade utilizadas para impedir a
fuxida dos animais. A dita memoria deberá estar subscrita por veterinarios, biólogos ou outros facultativos
superiores ou medios que teñan acreditado no correspondente plano de estudios o coñecemento ou estudio de
etoloxía animal.
Artigo 19,- Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
1. Os titulares da licenza municipal deberán inscribirse no rexistro municipal de animais potencialmente
perigosos, establecido con esta finalidade no Concello, no prazo de 15 días contados a partir da obtención da
licenza.
2. Para a inscrición no rexistro, requiriranse os seguintes datos:
- Datos persoais do posuidor: nome, enderezo habitual, documento nacional de identidade e teléfono de
contacto.
- Características do animal que fagan posible a súa identificación: idade, sexo, especie, raza, si é cruzamento
de primeira xeración especificaranse as razas de procedencia, características externas.
- Número do microchip.
- Descrición da capa.
- Lugar habitual de residencia do animal.
- Función/aptitude do animal (compañía ou garda, defensa, caza).
- Certificado sanitario: expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación
sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso,
así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa
utilización do animal en pelexas ou outras actividades prohibidas.
- Cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na
cartilla sanitaria figurará a catalogación de animal potencialmente perigoso.
- Copia da licenza municipal de tenza da animais potencialmente perigosos, a nome do propietario.
Acompañarase de copia da póliza que xustifique ter formalizado o seguro de responsabilidade civil.
37
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
3. O concello remitirá os datos do Rexistro municipal ó Rexistro Galego de Identificación de Animais de
Compañía e Potencialmente Perigosos nun prazo de 15 días, dende a súa inscrición.
Artigo 20.- Obrigas dos posuidores de animais en materia hixiénico-sanitaria.
1. Os propietarios, criadores ou posuidores deberán manter os animais que estean baixo a súa custodia en
axeitadas condicións hixiénico-sanitarias e cos coidados e atencións necesarios de acordo coas necesidades
fisiolóxicas e características propias da especie ou raza do animal, en cumprimento da Lei 1/1993, do 13 de
abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo
que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, en concreto nos seus capítulos IV, VII
e X.
2. O propietario, posuidor ou criador dun animal que agrida a persoas ou a outros animais causándolles
feridas de mordedura, será responsable de que o animal sexa sometido a recoñecemento dun veterinario en
exercicio libre da profesión, en dúas ocasións dentro dos 15 días seguintes á agresión. Neste recoñecemento o
veterinario responsable emitirá un certificado no que conste se o animal presenta ou non síntomas de
enfermidade infectocontaxiosa.
Artigo 21.- Obrigas dos posuidores de animais potencialmente perigosos en materia de seguridade
cidadá.
1. Os propietarios, criadores ou posuidores de animais potencialmente perigosos terán a obriga de cumprir
todas as normas de seguridade cidadá, establecidas na lexislación vixente e na lexislación sobre protección
animal de Galicia, de xeito que garantan a óptima convivencia destes animais cos seres humanos e se eviten
molestias á poboación.
2. As instalacións destinadas a albergar animais potencialmente perigosos pertencentes á fauna silvestre
alóctona ou exótica precisarán cumprir as medidas de seguridade que eviten a fuxida destes animais. Todas as
instalacións destinadas a albergar animais potencialmente perigosos deberán reunir como mínimo as seguintes
medidas de seguridade:
a) As paredes e valados serán suficientemente altos e consistentes e deberán estar fixadas co fin de soportar
o peso e a presión do animal, evitando as fuxidas.
b) As portas das instalacións deben ser resistentes e estar deseñadas para evitar que os animais poidan abrir
os mecanismos de seguridade, sen producirlles danos.
c) O recinto estará sinalizado coa advertencia de que se atopa no interior un animal potencialmente perigoso.
3. As instalacións en que se alberguen animais potencialmente perigosos deberán reunir as condicións
establecidas na normativa sobre protección animal en Galicia, tendo en conta as especificacións técnicas
correspondentes a cada especie.
4. Os animais potencialmente perigosos terán que circular, nas vías públicas e nos lugares e espazos de uso
público en xeral, atados con cadea ou correa non extensíbel de lonxitude non superior a dous metros, provistos
do correspondente bozo homologado e axeitado para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por
un menor de dezaseis anos.
Artigo 22.- Excepcións no cumprimento das obrigas dos propietarios de animais potencialmente
perigosos.
1. Cando as circunstancias así o aconsellen, poderanse establecer excepcións ao cumprimento de
determinadas obrigas dos propietarios nos casos de:
a) Organismos públicos ou privados que utilicen estes animais cunha función social.
b) Explotacións agrarias que utilicen cans de garda, defensa e manexo de gando, así como actividades de
carácter cinexético.
c) Probas de traballo e deportivas con fins á selección dos exemplares que participan nelas e que están
autorizadas e supervisadas pola autoridade competente, con exclusión dos exercicios para pelexas e ataque,
segundo o disposto no decreto 90/2002.
2. As establecidas pola autoridade competente en función do artigo 13.2 do Decreto 90/2002. Capítulo IV
Dos cans e dos gatos abandonados.
Artigo 23
Queda absolutamente prohibido abandonar calquera
sancionándose o feito como risco para a saúde pública.
clase
de
animal
vivo,
especialmente
cans,
Artigo 24
Considerarase can abandonado aquel que non teña dono coñecido e, en consecuencia, non estea censado nin
identificado, ou aquel que circule libremente sen a presenza da persoa responsable.
38
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Artigo 25
Sen prexuízo das competencias da Xunta de Galicia en materia de vacinación obrigatoria dos animais
domésticos e tendo en conta o carácter voluntario de tal tratamento, aconséllase a desparasitación externa e
interna (hidatidose), así como a vacinación de cans e gatos.
Capítulo V. Protección dos animais
Artigo 26
Quedan prohibidas con carácter xeral e con respecto a todos os animais de compañía as seguintes condutas:
1. Causar a súa morte agás en caso de enfermidade incurábel ou necesidade ineludíbel (co fin de evitar
sufrimentos ao animal ante unha enfermidade incurábel) e sempre baixo control veterinario.
2. Maltratar ou agredir de calquera xeito aos animais, ou sometelos a calquera práctica que poida causarlles
sufrimento ou dano non xustificado.
3. Desatendelos, non alimentalos axeitadamente, non limpalos, non sometelos a asistencia sanitaria, non
aloxalos de acordo coas súas esixencias naturais ou deixalos no interior de vehículos pechados.
4. Encirralos contra as persoas ou de xeito que poidan danar as cousas.
5. Abandonalos, tanto na vía pública como en vivendas ou noutros lugares pechados ou deshabitados, soares
e obras, na medida en que non sexan atendidos cumpridamente neses lugares.
6. Utilizalos en espectáculos, pelexas, festas populares e outras actividades, se iso pode ocasionarlles
sufrimentos, ou sometelos a condicións antinaturais, excluíndo os espectáculos con regulamentación específica
como resultan ser os taurinos.
7. Organizar pelexas entre animais ou encirralos a elas.
8. Exercer a venda de animais sen cumprir as condicións xerais sinaladas pola lei.
9. Exercer a venda ambulante de calquera animal, fóra dos recintos e datas expresamente legalizados, e sen
respectar as condicións de legalidade absoluta respecto a cada especie animal e segundo a súa regulamentación
específica.
10. Calquera outra conduta degradante que teña como vítima aos animais.
11. Queda expresamente prohibido, de acordo coa vixente lexislación, a posesión, exhibición, venda, compra
o calquera outra manipulación con exemplares de fauna protexida, sexan vivos ou mortos.
12. Así mesmo os axentes da autoridade terán facultades para a confiscación dos espécimes a que se refire
ou dos seus restos.
Capítulo VI.- Das infraccións e sancións
Artigo 27
1. Os axentes da autoridade e cantas persoas precisen ou coñezan feitos contrarios ao establecido nesta
ordenanza teñen o deber de denunciar aos infractores.
2. Os animais dos propietarios denunciados por causarlles sufrimento, por non os aloxaren en condicións
hixiénicas e biolóxicas axeitadas, por desobedecer medidas ditadas pola autoridade municipal, por infraccións
contra normas sanitarias ou por desprezo ás normas elementais de convivencia, poderán ser retirados polos
axentes municipais.
Artigo 28
1. Para os efectos desta ordenanza será infracción administrativa o incumprimento das obrigas, das
prohibicións e dos requisitos establecidos nela, así como o das condicións impostas nas autorizacións
administrativas outorgadas ao seu abeiro.
2. A responsabilidade administrativa será esixíbel sen prexuízo do que corresponda no ámbito civil ou penal.
3. Nos casos de espectáculos prohibidos, incorrerán en infracción administrativa non só os seus
organizadores senón tamén os donos dos locais ou terreos en que se realicen, a título oneroso ou gratuíto, así
como terceiras persoas que dun xeito ou outro participen.
4. Considéranse responsábeis das infraccións os que por erro ou omisión participaran na súa comisión, o
propietario ou posuidor dos animais ou de ser o caso, o titular do establecemento, local ou medio de transporte
en que se produciron os feitos e, neste caso, o encargado do transporte.
Artigo 29
As infraccións clasificaranse en leves, graves e moi graves, atendendo a criterios de risco para a saúde e
seguridade das persoas, grao de neglixencia, gravidade do prexuízo producido e reincidencia.
39
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
Artigo 30
A tipificación das infraccións realízase de acordo coa Lei 50/99 do 23 de decembro e a Lei 1/93, do 13 de
abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.
1. Tipifícanse, xa que logo, como infraccións leves:
-Maltrato a animais que non lles cause dor.
-A venda, doazón ou cesión de animais a menores de 14 anos ou incapacitados, sen autorización de quen
teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.
- A doazón de animais de compañía como premio.
- Non manter os animais en boas condicións hixiénico-sanitarias.
- Mantelos en instalacións non axeitadas.
- Non facilitarlles a alimentación axeitada ás súas necesidades.
- Utilizar animais en traballos que os inmobilicen, causándolles dor.
- Exercer a venda ambulante de animais fóra dos mercados e feiras autorizados
-Posuír un can non censado nin identificado consonte o previsto no artigo 11 desta ordenanza.
- Sacrificar animais en lugares públicos.
- Non recoller inmediatamente os excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública ou
espazo público.
- Ocasionar molestias á veciñanza por incumprimento do establecido nos artigos 4.2 e 6.
- A entrada e permanencia de animais en locais dedicados á manipulación de alimentos.
- A circulación e permanencia de animais nas praias do Concello durante a tempada de verán, de maio a
setembro, ambos inclusive, de 10h. a 21h. así coma nos parques infantís (artigo 6.3 da presente)
- Abandonar na vía pública ou espazo público cadáveres de calquera especie animal.
- A infracción do establecido no artigo 10.1 desta ordenanza
- Calquera outra actuación que vulnere o disposto nesta ordenanza e que non veña tipificada como infracción
grave ou moi grave.
- As contempladas como infraccións leves no artigo 13.4 da lei 50/99.
2. Son infraccións graves:
- Maltratar animais causándolles dor.
- Mutilalos sen necesidade ou sen o axeitado control veterinario.
- Abandonalos.
-A venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente
autorizados.
- A venda de animais salvaxes en catividade fóra dos establecementos autorizados.
-A subministración de estimulantes non autorizados ou substancias que poidan atentar contra a saúde, agás
cando sexa por prescrición facultativa.
- Non vacinar ou non administrar algún tratamento obrigatorio aos animais.
-A venda de animais enfermos, agás que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.
- A cría ou comercialización de animais sen cumprir os requisitos correspondentes.
-Ter animais perigosos sen as medidas de protección que estean fixadas.
- Incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.
-As contempladas como infraccións graves no artigo 13.2 da lei 50/99.
-Considerarase, así mesmo, como infracción grave a reincidencia en infraccións leves. Entenderase que existe
reincidencia cando se cometa unha infracción leve do mesmo tipo ca outra anterior no prazo do ano posterior á
notificación daquela. Requirirase que a resolución sancionadora adquirise firmeza.
3.Son infraccións moi graves:
-Maltrato a animais causándolles a morte.
40
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
-A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen
crueldade ou maltrato ou poidan ocasionarlles sufrimentos.
-A venda de animais con enfermidades infecto-contaxiosas coñecidas.
- A venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros non autorizados.
- A esterilización ou o sacrificio de animais sen control facultativo.
- As contempladas como infraccións moi graves no artigo 13.1 da lei 50/99.
- A reiteración en faltas graves.
Considerarase, así mesmo, como infracción moi grave a reincidencia en infracción grave, entendendo que
existe tal reincidencia cando se cometa unha infracción grave do mesmo tipo cá que motivou unha sanción
anterior no prazo dun ano seguinte á notificación daquela. Requirirase que a resolución sancionadora adquirise
firmeza.
Artigo 31
1. Consonte o establecido na Lei 1/93, do 13 de abril, as infraccións indicadas no artigo anterior serán
sancionadas coas multas que seguen:
b. As leves, de 30,00 a 300,00 euros.
c. As graves, de 300,01 a 3.000,00 euros.
d. As moi graves, de 3.000,01 a 15.000,00 euros.
2.Consonte ó establecido na lei 50/99 de 23 de decembro, as infraccións indicadas no artigo anterior que se
refiran a animais potencialmente perigosos serán sancionados coas seguintes multas:
a. As leves, de 150 a 300 euros
b. As graves de 300,01 a 2.400 euros
c. As moi graves, de 2.400,01 a 15.000 euros
Artigo 32
Ademais das multas a que se refire o artigo anterior, os órganos competentes poderán impoñer as seguintes
sancións:
a. Peche temporal ou definitivo, respectivamente para as infraccións graves ou moi graves, dos
establecementos.
b. A prohibición temporal ou permanente, respectivamente para as infraccións graves ou moi graves, do
exercicio de actividades comerciais.
c. A incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono, para calquera tipo de infracción.
d. No caso de federacións ou de calquera outra entidade non lucrativa, para infraccións graves ou moi graves,
poderase suspender temporalmente, ou en casos moi graves definitivamente, o exercicio das súas actividades.
Artigo 33
Para a gradación das multas ou determinación do tempo de duración da clausura a que fai referencia o artigo
anterior, teranse en conta as seguintes circunstancias:
- A transcendencia social ou sanitaria ou o prexuízo causado pola infracción.
- O ánimo de lucro e a contía do beneficio obtido na comisión da infracción.
- A importancia do dano causado ao animal.
- A reiteración ou reincidencia na comisión de infraccións.
Artigo 34
O exercicio da potestade sancionadora prevista nesta ordenanza requirirá a incoación e instrución do
correspondente expediente administrativo de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común e noutras disposicións regulamentarias que
regulen o procedemento administrativo sancionador.
Artigo 35
Ao abeiro do disposto na Lei do parlamento galego 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais
domésticos e salvaxes en catividade e o Decreto 153/98, do 2 de abril, que a desenvolve, a imposición das
sancións previstas corresponde
- Ao Alcalde, para as infraccións leves.
41
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
- Ao Director Xeral de Conservación da Natureza, para as infraccións graves.
- Ao Conselleiro de Medio Ambiente para as moi graves.
Artigo 36
As infraccións previstas nesta ordenanza prescribirán, no caso das leves aos seis meses, das graves aos doce
meses e das moi graves aos dous anos.
Disposición final:
Esta ordenanza entrará en vigor ó día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e será
de aplicación unha vez transcorrido o prazo a que se fai referencia no artigo 70.2, en relación co artigo 65.2 da
Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.”
O Vicedo, 20 de marzo de 2015.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez, O Secretario, Alfredo Sesar Peón
R. 2033
XOVE
Anuncio
APROBACIÓN DEFINITIVA DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 4/2015
Tendo sido aprobado polo Pleno deste Concello o Expediente de Modificación de Créditos nº 4/2015 de
Crédito Extraordinario para investimentos financeiramente sostibles, por acordo adoptado en sesión celebrada o
13 de abril de 2.015, non tendo sido presentada ningunha reclamación ao mesmo, dando cumprimento ao que
dispón o artigo 177 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, faise público que dito expediente ascende respectivamente
a CINCUENTA E TRES MIL EUROS (53.000 €) quedando o Estado de Gastos e Ingresos do Orzamento Xeral para
2.015 como se seguido se reflicte:
ESTADO DE GASTOS
CAPÍTULO
DENOMINACIÓN
IMPORTE
A) OPERACIÓNS CORRENTES
1
Gastos de persoal
2.680.680,75
2
Gastos en bens correntes e servicios
2.361.496,00
3
Gastos financieros
4
Transferencias correntes
2.000,00
307.700,00
B) OPERACIÓNS DE CAPITAL
6
Investimentos reais
827.982,22
7
Transferencias de capital
240.000,00
TOTAL GASTOS
6.419.858,97
ESTADO DE INGRESOS
CAPÍTULO
1
2
3
4
5
7
8
DENOMINACIÓN
A) OPERACIÓNS CORRENTES
Impostos directos
Impostos indirectos
Taxas e outros ingresos
Transferencias correntes
Ingresos patrimoniais
B) OPERACIÓNS DE CAPITAL
Transferencias de capital
Activos financeiros
TOTAL INGRESOS
IMPORTE
3.960.000,00
10.000,00
1.306.161,00
986.064,13
65.300,00
71.092,00
146.185,50
6.544.802,63
Segundo dispón o artigo 177.2 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, en relación co artigo 169 do mesmo Texto
Refundido, contra este Expediente poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo
de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Xove, a 12 de maio de dous mil quince O Alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa
R. 2084
42
Núm. 112 – Martes, 19 de Mayo de 2015
B.O.P de Lugo
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE
CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO – COMISARÍA DE AUGAS
Anuncio
INFORMACIÓN PÚBLICA
EXPEDIENTE DE VERTIDO DE AGUAS RESIDUALES.
EXPEDIENTE: V/27/00006X
PETICIONARIO: Ayuntamiento de Cervantes
VERTIDO
DENOMINACIÓN: Núcleos: Piornedo excluyendo Barrio Norte
LOCALIDAD: Piornedo
TÉRM. MUNICIPAL: Cervantes
PROVINCIA: Lugo
RÍO/CUENCA: El vertido cuya autorización se solicita corresponde a las aguas residuales urbanas de "Núcleos:
Piornedoexcluyendo Barrio Norte" – "Ayuntamiento de Cervantes", con un volumen máximo anual de 5.392 m3.
Las instalaciones de depuración constan básicamente de los siguientes elementos:
-
Reja de desbaste de limpieza manual
Decantador-digestor
Filtro biológico
Punto de control de caudal y características del vertido.
Zanjas filtrantes
Lo que se hace público para general conocimiento, por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del
siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que
los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones en la Confederación
Hidrográfica del Cantábrico durante el plazo indicado.
El expediente de vertido estará de manifiesto en las Oficinas de esta Comisaría de Aguas en Oviedo (Plaza de
España nº 2 - C.P. 33071).
Oviedo, a7 de mayo de 2015. LA TITULADO SUPERIOR DE ACTIVIDADES TÉCNICAS Y PROFESIONALES.
R. 1986
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 19.05.2015 08:00:03 CEST
Razón:
Localización: España